
Monforte de Lemos, 1 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé, participou esta mañá na entrega da IV Beca de Medicina Rural ASOMEGA-SEMG que se celebrou no Parador de Monforte no “Encontro de verán de Asomega”, consolidado como unha cita emblemática do calendario da Asociación de Médicos Galegos, un espazo de reflexión e celebración que cada ano reúne a profesionais comprometidos con Galicia e a súa sanidade.
O Alcalde que transmitiu aos presentes, a súa satisfacción por poder acoller na cidade de Monforte eventos desta índole, xa que non so traen coñecementos, senón que tamén xeran actividade económica, e permítennos dar a coñecer o encanto da nosa terra, felicitou a Sonia Isela Trejos, do Centro de Saúde de Manzaneda, e a Carlos Moral, do Centro de Saúde de Chandrexa de Queixa, polo premio acadado, e tamén á Asociación de Médicos Galegos e á Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, pola posta en valor da Medicina Rural que supón iste acto.
José Tomé que lles transmitía aos asistentes que “dende o Equipo de Goberno deste Concello, mantemos un compromiso e unha aposta firmes pola Sanidade Pública. Porque cremos que, os servizos públicos básicos, como é a Sanidade, son a garantía dos dereitos das persoas”.
“Por iso- proseguiu a decir o Alcalde- apoiamos e fomentamos encontros como o que estamos a celebrar neste momento, pero quero subliñar a importancia do Acto de hoxe, por tratarse dunha cita que aborda un dos problemas mais importantes da nosa sociedade: como garantir a igualdade de oportunidades e dereitos no rural galego, neste caso centrándonos na saúde, e coñecedores do envellecemento da poboación do noso rural”.
O Alcalde, fixo un paralelismo da Administración que representa -por ter menos recursos que outras- coa situación que viven os médicos de familia e sobre todo os do rural, por ser tamén os menos favorecidos do sistema sanitario, e manifestou estar encantado de que a entrega da IV BECA DE MEDICINA RURAL ASOMEGA-SEMG teña lugar en Monforte, e tamén de que o proxecto gañador, teña como obxectivo fomentar a saúde da poboación do rural, fomentando accións de participación interxeneracional e conservando ademais, os coñecementos tradicionais para fomentar a lonxevidade.
Tamén aproveitou a ocasión para invitar a todos os participantes do Acto a voltar a Monforte con mais tempo para coñecer o patrimonio cultural, artístico e paisaxístico da nosa cidade, “un anaco de Paraíso no interior de Galicia, que ten moitas riquezas patrimoniais que descubrir”.
No Acto, estivo acompañado polo Presidente do Parlamento de Galicia, D. Miguel Santalices, o Conselleiro de Sanidade, D. Antonio Gómez Caamaño, a Presidenta da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, Dona Pilar Rodriguez Ledo, o Presidente da Asociación de Médicos Galegos, D. Julio Ancocheae o Presidente da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia Galicia, D. Albert Foo, ademáis dunha alta representación de Médicos de diversas especialidades.