Monforte de Lemos, 11 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega onte domingo, pola mañá na Área Recreativa de Ribas Altas, dos trofeos do Campionato de Pesca Infantil e Xuvenil Rio Cabe, que se celebrou na Zona da Míllara e na que participaron 7 rapaces dende as 10:00 ata as 12:45 h organizado polo Club de Pesca Rio Cabe coa colaboración do Concello de Monforte.
Tal e como explicaron os organizadores do Campionato, o número de capturas foi moi alto, alcanzando os 303 peixes entre os 7 participantes do concurso, unha media de algo mais de 43 peixes por concursante, que fixo que a xornada de onte fose moi produtiva para os rapaces, satisfeitos das súas capturas.
No campionato que tiña establecidas dúas categorías, unha primeira de concursantes de 9 a 12 anos e outra de concursantes de 12 a 18 anos, resultaron gañadores os seguintes competidores:
-Campionato infantil e xuvenil. Concursantes de 9 a 12 anos:
1º Premio: Manuel Rodríguez
2º Premio: Pablo Somoza.
3º Premio: César Fernández.
-Campionato infantil e xuvenil. Concursantes de 12 a 18 anos:
1º Premio: Lucas Pavón
2º Premio: Iago Delafuente
3º Premio: Mateo Fernández