Monforte de Lemos, 15 de agosto de 2025. Na mañá de hoxe, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, encabezando a comitiva institucional, participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat, no día grande das Festas Patronais da cidade.
A comitiva oficial encabezada polo Alcalde e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, diversas autoridades de índole local, galego e nacional, partiu ás 10:30 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa de San Vicente, acompañados polo Grupo de Gaitas da Escola Municipal de gaitas do Concello de Monforte de Lemos.
Deste xeito recuperouse a tradición que marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente do Pino, algo que foi posible logo de que remataran as obras de mellora en dita igrexa, a finais do ano 2023.
A chegada da comitiva oficial á igrexa de San Vicente tivo lugar ás 11 horas; o párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal e, tras elo, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat.
Tras a eucaristía, que foi cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte, celebrouse, no atrio e exterior da igrexa, unha Procesión coa imaxe da Virxe e unha Ofrenda floral á Virxe de Montserrat na que o Alcalde de Monforte, acompañado pola súa esposa, depositou flores ante a Virxe. Tras el, fixérono o resto de membros da Corporación Municipal e demais autoridades presentes, e deseguido, todos aqueles veciños e visitantes que quixeron render sentida homenaxe á Virxe.
O prato forte no programa das Festas Patronais do día de hoxe serán os Fogos de San Vicente, que terán lugar esta noite ás 12 horas, e o concerto de Abraham Mateo, que dará comezo tras os Fogos, as 00:30 na explanada da Compañía.
Autoridades presentes nos actos institucionais
Ademais do Alcalde, José Tomé Roca, tamén participaron a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o 2º Tenente de Alcalde e voceiro municipal, Ibán Torres, as concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Sanidade, Pilar Espinosa, Consumo, Regina López, Muller e Igualdade, Margarita López, os concelleiros de Servizos, José Luis Losada e Deportes, José Manuel Mougán, os concelleiros do Partido Popular, Katherinie Varela, José Luis Rodríguez, María Luisa Vázquez e Emilio Iván Vázquez, o concelleiro do BNG, Emilio Sánchez. Por parte da Policía Local de Monforte, participaron o Inspector Xefe, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez, o Inspector Xefe do Corpo da Policía Nacional de Monforte, D. José Ramón Fernández López e a Capitán xefe da Compañía de Monforte de Lemos, Mª José Moreno López e o Xefe do Corpo de bombeiros de Monforte, Tomás Losada.
Tamén cabe citar a presencia do senador César Mogo, os alcaldes de Pantón, José Luis Álvarez e Sober, Luis Fernández, o Secretario Territorial en Lugo da Xunta de Galicia, Alejandro Fontela, así como distintos pedáneos e pedáneas, e tamén María Emilia Casas Baamonde e Julio Padilla Carballada, entre outras autoridades.