Monforte de Lemos, 17 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé, fixo entrega na tarde deste domingo 17 de agosto do trofeo ó gañador do Torneo de Golf Concello de Monforte, que se disputou no Club de Golf Río Cabe, coa participación de 38 xogadores.
O torneo que se desenvolveu o venres, sábado e domingo en xornada de mañá, polas altas temperaturas destes días, está organizado pola A.D. Río Cabe Golf, e que conta co patrocinio do Concello de Monforte.
O Alcalde entregou os trofeos e agasallos ós gañadores do Torneo resultando gañador absoluto, Humberto Ordosgoitia, con 36 puntos.
O resto da clasificación quedou do modo seguinte:
2º SCRATCH
JUAN RODRIGUEZ FERREIRO (PAR) 36 ptos.
1º HANDICAP
ÁNGEL CARNERO - 39 ptos.
2º HANDICAP
DIEGO FONTELA - 38 ptos.
3º HANDICAP
ALEJANDRO VARELA - 37 ptos.
4º HANDICAP
Mª EUGENIA MARTINEZ ORIOLA - 37 ptos.
5º HANDICAP
XULIO GALLEGO - 37 ptos.