Monforte de Lemos, 19 de agosto de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recorda que tal e como está previsto no programa do Verán Cultural do Concello, dende onte, luns dia 18, estase a desenvolver a 4ª edición do Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos.
Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e tivo continuidade tanto no ano 2023 como o ano pasado e “dado o éxito acadado, volvemos a incluílo na nosa programación de verán de 2025, apostando decididamente por darlle protagonismo á actuación de grupos monfortinos. Tan é así o éxito acadado, que se constituíron nestes tempos novos grupos de músicos locais”, subliña o Alcalde.
Neste senso, o ciclo é “unha aposta decidida do Concello por dar visibilidade e poñer en valor ós nosos grupos musicais, que ademais contarán cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”.
O ciclo, no que participan 12 grupos monfortinos, que deselvolverán as súas actuacións musicais na Praza da Compañía, na Praza da Estación e na Praza de España, deu comezo onte luns, 18 de agosto, coas actuacións dos grupos CERO2CERO e MALENNE, que actuaron na compañía a partir das 22:30 horas.
Os grupos monfortinos protagonistas das seguintes xornadas deste ciclo serán:
MARTES 19 AGOSTO
- 22:30 H PRAZA DE ESPAÑA COOL FLANDERS
- 00:00 H PRAZA DE ESPAÑA DINOSAURIOS
MÉRCORES 20 AGOSTO
- 22:30 H PRAZA DA ESTACIÓN EL MUNDO DE SOFÍA BAND
- 00:00 H PRAZA DA ESTACIÓN SEGUNDA PARTE
LUNS 1 SETEMBRO
- 22:30 H PRAZA DA COMPAÑÍA DELOREANS
- 00:00 H PRAZA DA COMPAÑÍA LOS JINETES DEL TRÓPICO
MARTES 2 SETEMBRO
- 22:30 H PRAZA DA ESTACIÓN NECTARINE SOUL
- 00:00 H PRAZA DA ESTACIÓN DEUCE
MÉRCORES 3 SETEMBRO
- 22:30 H PRAZA DE ESPAÑA GALGA BLUES BAND
- 00:00 H PRAZA DE ESPAÑA BELLA CHAOS
Este ciclo de concertos é “unha aposta firme do Concello de Monforte polos grupos monfortinos, para dar a coñecer a súa creatividade e as súas propostas en diferentes estilos musicais tanto ós nosos veciños como ás persoas que nos visitan”, sinala o Alcalde. “En definitiva, o noso obxectivo é poñer en valor ós grupos musicais da cidade, incluíndoos no Programa do Verán Cultural, e dándolles así o recoñecemento que merecen”.