O Servizo de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Setembro 2025

O Servizo de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Setembro 2025

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

 

CONSELLOS PARA PLANIFICAR A VOLTA AO COLEXIO

As vacacións son moi esperadas no calendario, pero este tempo de descanso non é interminable senón temporal. O regreso á rutina abre a porta dos novos obxectivos, aprendizaxes e crecemento. A preparación cara a ese escenario é unha experiencia que pode acompañarche ano tras ano.

A volta ao cole e retomar de novo a rutina, para algúns pequenos, pode custar algo máis do esperado. Se notas que os teus fillos están a ter problemas para adaptarse ao ritmo escolar, estes consellos poden serche de gran axuda para facilitar este proceso e afrontalo con calma e dunha maneira positiva

 

 Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

 Tamén poderedes formular as vosas dúbidas a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

 

Para mais información:

Unidade Asistencial de Drogodependencias

Praza da Estación – 17    Monforte de Lemos (Lugo)

Tlf. 982 40 04 95

Nº Rex. C-27-000100

e-mail: uad@concellodemonforte.com