O Servizo de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR Outubro 2025
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
VIVIR SEN TRANQUILIZANTES É POSIBLE. BENZOSTOPJUNTOS
Estes medicamentos son útiles nalgúns casos ao comezo, teñen un efecto sedante ou calmante.
Tómanse para relaxarse cando se ten ansiedade ou mellorar o soño cando se ten insomnio e outros problemas relacionados con o estrés moi graves.
Hai estudos que suxiren que o corpo pode afacerse a estes medicamentos deixando de ser útiles e crean danos a longo prazo. Non se recomenda o seu uso durante máis de 2-4 semanas.
Por favor, lea a información e se o cre oportuno contacte cos seus profesinais sanitarios.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta. Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación – 17 Monforte de Lemos (Lugo)