Monforte de Lemos, 3 de outubro de 2025. O Concello de Monforte informa do corte da rúa Julio Camba que se vai producir na tarde de hoxe, de 15.00 a 17.00 horas, para a montaxe dunha grúa no solar que fai esquina coa rúa Doutor Teixeiro. Durante o período de dúas horas no que permanecerá cerrado o acceso por esta vía, estará permitido circular pola rúa Doutor Teixeiro entrando por Roberto Baamonde (Os Chaos). A sinalización de entrada prohibida neste tramo que ademais está vixiado por cámaras, quedará sen efecto durante as dúas horas do corte. Así, taparase o sinal de circulación prohibida existente fronte ao número 61 da rúa Doutor Teixeiro e instalarase un valo de obra co cartel de “acceso provisional por obras”.
Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.