Noticias:
-
O Concello abre este luns 27 de xuño o prazo de matrícula para os Cursos de Verán do Conservatorio
Monforte de Lemos, 24 de xuño de 2022. O Concello de Monforte informa da apertura do prazo de matrícula para os Cursos de Verán de Música e Danza que se organizan no Conservatorio de Música Municipal “Mestre Ibañez”: será dende o vindeiro luns 27 de xuño e ata o 12 de agosto. Ó igual que nas... -
O Alcalde destaca o éxito da matrícula nas actividades do Programa Deportivo de Verán do Concello
Monforte de Lemos, 23 de xuño de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo balance hoxe das matrículas efectuadas nas actividades do Programa Deportivo de Verán organizado polo Concello para este ano 2022. Así, o rexedor monfortino destacou que “unha vez pechado o período de matrículas para... -
O Concello de Monforte súmase hoxe ó Día Internacional do Síndrome de Dravet iluminando a Torre da Homenaxe de morado
Monforte de Lemos, 23 de xuño de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que hoxe xoves día 23 procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor morada con motivo do Día Internacional do Síndrome de Dravet, unha iniciativa promovida pola Asociación Síndrome de... -
O Alcalde destaca a heroicidade dos ferroviarios vítimas do réxime franquista, protagonistas do documental proxectado hoxe en Monforte
Monforte de Lemos, 22 de xuño de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, foi o encargado na tarde de hoxe de introducir a proxección do documental “Los Hijos del Hierro”, no Centro Cívico da cidade. O acto foi organizado pola Asociación de Amigos do Ferrocarril (AMAFER) en colaboración co... -
O Concello de Monforte abriu hoxe o prazo de inscrición para a 22ª edición de Artelemos, que se celebrará na primeira semana de agosto
Monforte de Lemos, 21 de xuño de 2022. O Concello de Monforte abriu hoxe martes 21 de xuño o prazo de inscrición para participar na 22ª edición da Mostra Artelemos, prazo que permanecerá aberto ata o día 5 de xullo para que os artesáns e artesás poidan cursar as súas solicitudes. Este ano 2022 o... -
O Concello de Monforte abre o prazo de solicitude de instalacións deportivas para a tempada 2022-2023
Monforte de Lemos, 21 de xuño de 2022. O Concello informa que dende hoxe martes 21 de xuño todas as entidades deportivas e clubs de Monforte poderán cursar a súa petición para solicitar o uso de Instalacións Deportivas Municipais durante a tempada 2022-2023. En particular poderán presentar... -
O Alcalde informa que a partir de hoxe luns volven a estar abertas ó público as pistas de atletismo do campo da Pinguela
Monforte de Lemos, 20 de xuño de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ben de informar que hoxe luns 20 de xuño abrirán novamente ó público as Pistas de Atletismo Saleta Fernández López, a partir das 15:00 h, unha vez que a empresa encargada das obras de renovación do terreo de xogo do Campo... -
O Concello de Monforte ilumina de verde a Torre da Homenaxe mañá martes no Día Mundial da ELA
Monforte de Lemos, 20 de xuño de 2022. Como xesto simbólico e en en sinal de apoio ás persoas con ELA (Esclerosis Lateral Amiotrófica), o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que este mañá día 21 de xuño procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde con motivo... -
O Alcalde fai entrega dos premios ós gañadores do GP Master Ribeira Sacra de ciclismo que se celebrou hoxe en Monforte
Monforte de Lemos, 19 de xuño de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, foi o encargado de oficiar na mañá de hoxe a entrega de premios do GP Master Ribeira Sacra de ciclismo, que se tivo como punto de saída e chegada a praza Luís de Góngora, no conxunto monumental de San Vicente de Monforte... -
O Alcalde reúnese coas adegas para explicarlles o plan organizativo do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte
Monforte de Lemos, 18 de xuño de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, reuniuse na tarde de onte con representantes das 27 adegas que protagonizará do 1 ó 3 de xullo a cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte. O encontro levouse a cabo no salón de plenos da Casa do...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- …
- seguinte ›
- última »







