Orientador/a laboral a xornada completa mediante contrato temporal
24/09/2024 Aprobación lista definitiva admitidos/as e excluidos/as, tribunal e convocatoria
29/08/2024 Bases
Prazo presentación solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes e documentación, será de 10 días hábiles contados dende o día seguinte da publicación destas bases e anuncio da convocatoria na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello.
Rematado o indicado prazo de presentación de solicitudes de participación o Sr. Alcalde ditará decreto aprobando a lista de admitidos e excluídos. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Monforte de Lemos e na páxina web municipal www.monfortedelemos.es., para ser admitido as solicitudes dos aspirantes deben axustarse o disposto no apartado anterior é dicir, aportando:
.- Fotocopia do DNI en vigor.
.- Instancia do anexo I destas bases, que contén declaración responsable de contar con todos os requisitos esixidos nas presentes bases.
.- Xustificante do pago da taxa esixida
.- Currículo acreditado, acompañado da documentación xustificativa tal e como se regula na Orde do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2024