Saúda

 

Estimade@s amig@s:

O Concello de Monforte de Lemos é un municipio cargado de historia, aberto e con ganas de relacionarse con todos os demais municipios e cidades, utilizando as ferramentas que poñen á vosa disposición as novas tecnoloxías, como é a páxina web. As innovacións tecnolóxicas deben servir para unha mellor comunicación, máis áxil e que permita unha relación interactiva, o que sen dúbida facilita aos/ás veciñ@s estar en contacto permanente coa administración máis próxima, como é o Concello.

Como Alcalde, quero transmitir a tod@s, unha mensaxe de ilusión e de esperanza no futuro do noso municipio. Espero de tod@s a vosa colaboración para sacar adiante esta gran familia que formamos tod@s @s monfortin@s, traballando conxuntamente para resolver os problemas que a todos nos preocupan.

A páxina web do Concello de Monforte, pode e debe ser utilizada pol@s veciñ@s para facer en positivo, todas aquelas achegas que consideren que poden ser útiles na labor do Goberno Municipal.

Quero poñerme a disposición de tod@s @s monfortin@s, coas portas do Concello abertas, para escoitar as vosas preocupacións e para atopar xuntos as respostas que necesitamos.

Un abrazo.