Mellora da Eficiencia Enerxética na Casa da Cultura Lois Pereiro

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes resolveu concederlle ao Concello de Monforte de Lemos unha subvención ao abeiro da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027  para a mellora da eficiencia enerxética da Casa da Cultura “Lois Pereiro” de Monforte.