ESCAPE ROOM POLA IGUALDADE
O ceo está cheo de estrelas…centos de millóns delas iluminan o firmamento todas as noites… pero, desgraciadamente, algunhas brillan máis que outras. O mesmo acontece na terra, onde hai moita xente que deslumbra polas súas aportacións á humanidade, pero o seu brillo apágase polo feito de ser muller.
A misión que tedes entre mans non é doada: recuperar o fulgor dalgunhas das estrelas femininas máis importantes da historia…mulleres que, por algún motivo, cambiaron o transcorrer do mundo e que merecen o seu lugar no ceo.
Unha loita contra reloxo onde os sentidos, a intuición e o traballo en equipo son claves para superar a proba con éxito.
O vindeiro domingo día 8 de marzo ás 18:00 faremos o escape room "Estrelas" no espazo dos Mercados, da Praza de Abastos de Monforte. Os grupos serán como máximo de 6 persoas e mínimo 4. É unha actividade para facer coas túas amizades, coa familia ou podes participar soa e xogar con outras persoas. Idade mínima 11 anos.
É necesario facer inscrición previa, a través do seguinte formulario: Escape Room pola igualdade Estrelas
Animádevos!!!!