O Servizo de Bus Rural de Monforte de Lemos percorrerá as 26 parroquias do Concello de Monforte, dando servizo de transporte público e gratuíto á poboación do rural do municipio.
O servizo prestarase en itinerarios para grupos de parroquias con carácter ordinario e gratuíto un día á semana facilitando os desprazamentos da poboación rural cara á cidade para realizar xestións, compras, visitas aos centros sanitarios ou calquera outra necesidade.
Concretamente, deseñáronse seis rutas de ida e volta, unha por día de luns a xoves, e dúas os venres. Na xornada do venres programouse dobre percorrido para completar o servizo: un para as parroquias de Sindrán, Bascós, Chavaga e Reigada, e outro para A Parte e Valverde.
O Bus dispón de 37 prazas sentadas máis unha praza para persoas con mobilidade reducida válida para cadeira de rodas, conta con aire acondicionado e calefacción, e cintos de seguridade.
RUTAS, PERCORRIDOS E PARADAS
O Bus Rural funcionará de luns a venres en días laborables, con hora de inicio ás 8.00 horas na parroquia correspondente e regreso ás 14.00 horas con saída dende o Parque dos Condes. No caso dos venres, establécense dúas rutas 5A e 5B, con horario de saída na ida ás 8.00 e 9.00 horas, respectivamente, e de volta ás 14.00 e 15.00 horas, respectivamente.





Estes horarios son sempre aproximados xa que, entre outras cousas, dependen das circunstancias diarias do tráfico. En toco caso, haberá sinalización en todas as paradas con indicativos do Bus Rural e detalle das paradas e os horarios. Ademais, o autobús conta con conexión WIFI gratuíta e puntos de recarga USB para dispositivos electrónicos. Así mesmo, os usuarios poden coñecer en todo momento a posición do Bus Rural descargando a aplicación Locatel introducindo o usuario BUSRURAL e o contrasinal RURAL2025.