XXXIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte 2026

A Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos convoca o XXXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, que se realizará dentro do programa de actividades da Delegación, entre o 20 de abril e o 20 de maio de 2026.

Poderán participar todos os centros de ensino de Monforte de Lemos representando unha soa obra de teatro, así mesmo tamén poderán participar como invitados outras asociacións ou colectivos locais despois da correspondente petición e da aceptación por parte da Delegación Municipal de Cultura.

As presentes bases serán efectivas a partir do día en que aparezan no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal (www.monfortedelemos.es). As solicitudes de inscrición para a participación no certame presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte a partir do día en que estas bases sexan efectivas. O derradeiro día para realizar a inscrición é o 27 de marzo.

ARQUIVOS DE DESCARGA:

 Bases 2026