O Nadal é unha das grandes citas no ciclo festivo galego. Constitúe un festexo moi querido pola poboación en xeral, é festa de reencontro familiar, de solidariedade, de bos desexos, de agasallos e tamén de moitos días nos que non se traballa polo cal o tempo de ocio é lecer é maior para a poboación en xeral.
O Concello de Monforte programou no Nadal 2025-2026, como noutros anos, unha serie de actividades co fin de entreter a novos e adultos nas datas en que se conmemora o nacemento de Xesús, o nacemento dun novo ano e a chegada unha vez máis dos Reis Magos cargados de regalos e tamén de ilusións e bos desexos. Prográmanse moitas e variadas actividades dende comezos de decembro de 2025 ata o 5 de xaneiro de 2026 no que os Reis Magos logo de chegar en tren, visitarán a cidade de Monforte percorrendo as rúas ata chegar á Casa do Concello.
Programación do Nadal 2025-2026 Concello de Monforte de Lemos
CONCURSO DE BELÉNS PARA CENTROS DE ENSINO DE MONFORTE
CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2025" Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro
MONTAXE BELÉNS MIXTOS galego-árabe de J. Antonio Dávila do 9 decembro do 2025 ó 9 de xaneiro do 2026 Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
TEATRO ADULTO -LOIA PRODUCIÓNS con María Visitación Consolación Amadora, 11 decembro/ 20:30 h Edificio Multiusos
25ª MOSTRA DE PANXOLIÑAS PARA CENTROS DE ENSINO CONCELLO MONFORTE, 18 decembro/ 18:00 h Edificio Multiusos
FESTIVAL NADAL 2025 CONSERVATORIO MUNICIPAL, 19 decembro/ 20:00 h Edificio Multiusos
GRUPO DE TEATRO VIRAVENTOS con O boleto, 20 decembro/ 20:00 h Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
MERCADOS DE NADAL 2025, 20–21 decembro Praza de Abastos
TEATRO INFANTIL FAMILIAR -LALÁ TEATRO con Nadal en prácticas, 23 decembro / 18:00 h Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro /nenos-as máis de 3 anos
O APALPADOR, 24 decembro / pola mañá nas rúas da cidade e zona mercados –praza de Abastos
TEATRO INFANTIL FAMILIAR -TÍTERES CACHIRULO con O ladrón de xoguetes, 26 decembro / 18:00 h Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro /nenos-as a partir de 3 anos
CONCERTOS NADAL 2025-26 DELOREANS 26 decembro 2025/ 20:30h rúa do Cardeal
CONCERTO CORAIS NADAL 2025 -CORAL POLIFÓNICA DE CHANTADA e CORAL POLIFÓNICA CONCELLO DE MONFORTE, 27 decembro/ 19:00h Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
RECITAL LÍRICO -EMILIA PÉREZ –soprano, LUCAS LÓPEZ -piano e CARLOS ENRIQUE –barítono, Sociedad Filarmónica de Monforte, 29 decembro/ 20:00h Casa Cultura Poeta Lois Pereiro
ESPECTÁCULO INFANTIL FAMILIAR -MARÍA FALTRI con A fantasía do Nadal, 30 decembro / 18:00 h Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro /nenos-as a partir de 3 anos
ESPECTÁCULO DE HUMOR -PEPO SUEVOS con Á CAÍDA, 2 xaneiro / 20:00h Casa Cultura Poeta Lois Pereiro
CONCERTOS NADAL 2025-26 MALENNE 2 xaneiro 2026 / 20:30h rúa do Cardeal
CONCERTO ANO NOVO -ORQUESTRA Kv2211 DE VIGO, Sociedad Filarmónica de Monforte, 3 xaneiro / 20:00h Edificio Multiusos
CABALGATA REIS CABALGATA REIS, 5 xaneiro 2026
/CHEGADA DOS REIS MAGOS DE ORIENTE Á ESTACIÓN FERROCARRIL DE MONFORTE 17:25 h
/DESFILE CARROZAS REAIS E DA SÚA COMITIVA 18:30 h Dende a Praza da Estación ata o Concello
/LECTURA DO DISCURSO DOS REIS 19:30 h Dende o balcón da Casa do Concello
/RECEPCIÓN DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS ÓS NENOS E ÁS NENAS Ó remate do discurso das
súas maxestades na planta baixa do Concello
MISA de REIS e CONCERTO -CORAL POLIFÓNICA CONCELLO DE MONFORTE, 6 xaneiro/ 11:00h Igrexa “Hogar San José. Hermanitas de los Ancianos Desamparados”