O xoves 27 de marzo ás 20:15 h e no Edificio Multiusos o Concello de Monforte continúa coa programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2026 na nosa cidade.
A compañía CARLOS BLANCO -CON DE TRES PÉS presenta A PENÚLTIMA, obra baixo a autoría, a dirección e a adaptación de Carlos Blanco, cunha escenografía de son e iluminación de Dani Juncal e interpretada por Carlos Blanco.
A PENÚLTIMA
Porque nunca se sabe.
Carlos Blanco bota a penúltima.
Porque o tempo pasa e …
Carlos chega agora con imaxes, con historias novas e vellas pero sempre coas risas garantizadas.
70 minutos con Carlos son sempre breves, divertidos, sanadores … Imprescindibles.
Para non perdelo.
O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.