ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO INFANTIL-FAMILIAR -NADAL EN PRÁCTICAS de LALÁ TEATRO -Nadal 2025 /Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, martes 23 de decembro ás 18:00h

O Concello de Monforte de Lemos e dentro da programación do Nadal 2025-26, programa un ESPECTÁCULO TEATRAL PARA PÚBLICO INFANTIL-FAMILIAR titulado NADAL EN PRÁCTICAS da compañía LALÁ TEATRO, espectáculo que terá lugar na casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o martes 23 de decembro ás 18:00 h

Nadal en prácticas é un contacontos interactivo onde todos participan, pequenos e maiores, mediante contos, cancións e diferentes actividades.

Nolitas é unha Elfa un pouco peculiar, este nadal está en prácticas e a pique de afrontar a súa proba de "COEN" certificado oficial a Elfo do Nadal. Pero para isto vai precisar axuda. Haberá que colaborar con ela nas diferentes probas que ten que pasar, como crear xoguetes, cantar panxoliñas, recibir as cartas cos desexos de nadal e ata facer un exame teórico. Será capaz Nolitas de conseguir este nadal o seu certificado de Elfa?

A representación teatral está deseñada para público infantil familiar nenos/as de máis de 3 anos, con entrada libre e gratuita.