O salón de actos do Edificio Multiusos acollerá o sábado 3 de decembro ás 20:15h unha representación teatral para público adulto + de 12 anos con entrada libre e gratuita da compañía BENGALA TEATRO FÍSICO.
O espectáculo leva por título "ALICIA WANTS TO ".

Dirección e dramaturxia: An González
Elenco: Andrea Maseda, Estela del Río, Estrella Tomé, Alexia Villar
Iluminación: Jorge Castro
Vestiario: Elisa López e Fixenöeu
Escenografía: Borja C. Pernas, Ero Vázquez
Creación audiovisual: Andrea Maseda
Asesoría teatral: Gena Baamonde Rey Montesinos
Elenco proxeccións: Olivia Argudo, Christian Toimil
Voz en off: Mano Pardo, Andrés González, Teresa Rodríguez, Paula
Maseda, Xosé Valcárcel
Fotografía: Laura Pose
Alicia Wants To é unha mestura de realismo máxico e crueza social que nos conta a historia de Alicia, unha adolescente que sae dun centro de menores e se reencontra con súa nai, Juana. Ambas son mulleres da marxe, da
fronteira, do borde, que tratan de sobrevivir nunha sociedade atravesada pola exclusión social, os abusos, a pobreza e un sistema xudicial que non protexe ás minorías.
Para afondar na idea de que non todos nacemos coas mesmas posibilidades a historia está construída a través dunha partida de xadrez, a partida de Alicia, na que ela xoga as brancas pero non conta con todas as pezas. Neste contexto, o público é parte activa e elixirá -votando co seu programa de man- algunha das decisións que ten que tomar Alicia.
Unha dramaturxia inspirada libremente en referencias como Alicia no país das marabillas e na película Mommy de Xavier Dolan.
A representación organizada polo Concello de Monforte forma parte do Circuíto de Teatro Profesional organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo no ano 2026.