TEATRO na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, VIRAVENTOS con HOTEL ESPERANZA sábado 5 de decembro ás 20:00 h

O Concello de Monforte de Lemos integrado nos Circuitos de Teatro Afeccionado e Profesional da Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Cultura presenta a obra HOTEL ESPERANZA do Grupo de Teatro monfortino VIRAVENTOS.

O espectáculo terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o sábado 5 de decembro ás 20:00h con entrada libre e gratuíta.

Sinopse: 
Queda unha hora para que remate a quenda na recepción do hotel Esperanza. Unha última hora que debería transcorrer con normalidade, como tantas outras. Pero nesta ocasión, nada será tan sinxelo. 
A recepción convértese no punto de encontro de empregados, hóspedes habituais e novos visitantes. O que parecía unha xornada normal dá paso a un caos tan inesperado como divertido, onde as relacións, os segredos e os malentendidos crúzanse sen dar les tregua.

Unha comedia de enredo en tempo real, chea de personaxes, situacións absurdas e sorpresas, onde durante unha hora todo pode pasar… e nada é exactamente o que parece.

Escrita por: Candela López 

Dirixida por: Candela López e Marcos Vázquez

Vestiario e Atrezzo: Grupo Viraventos

Elenco: 
Elena Arnaiz como Elena
Ángeles Bande como Ángeles
Juan Castro como Juan
José Ramón  como José Ramón
Fina Díaz como Fina
Manuela Fuentes como Manuela
Teresa González  como Marina
Ángeles Martínez como Edita
Manuel González como Antonio
Pury Conde como Pury
Pili Rodlos como Pili
Gonzalo Rodríguez como Gonzalo 
Josi Rodríguez como Josi
Lucena Sáez como Lady Tere

O Grupo de Teatro Viraventos, da comarca de Lemos, é un grupo amador formado por once persoas apaixoadas do teatro, que levan moito tempo desfrutando tando de velo como de facelo. Ano tras ano poñen moito interese na creación e na representación de obras, chegando a conformar unha "gran familia de teatreiros e teatreiras". O seu lema é que ser amador non é menos que ser profesional, simplemente é outra maneira de facer as cousas.

 Programa de mano Viraventos 2026