Escolas Deportivas Municipais Curso 2025-2026

O oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):

Actividades para nenos e nenas:

  • Golf
  • Pádel
  • Kung Fu
  • Zumba infantil

Actividades para adultos/as:

  • Ximnasia de mantemento
  • Tai Chi
  • Ioga
  • Zumba

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2025 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2026, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas poderano facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 8 e o 19 de setembro. O 24 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos/as confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes.

As persoas interesadas poderán solicitar como máximo 1 actividade, tanto nas modalidades de nenos/as como nas modalidades de persoas adultas.

Se unha vez finalizado o prazo de inscrición dase o caso de que quedan prazas vacantes, aquelas persoas que estean inscritas nalgunha actividade poderán inscribirse tamén naquelas modalidades nas que queden prazas libres.

Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas.

O número total de prazas ofertadas dentro do programa de escolas deportivas é de 283 repartidas do seguinte xeito:

Actividades para nenos e nenas:

  • Golf: 18 prazas
  • Pádel: 30 prazas
  • Kung Fu: 15 prazas
  • Zumba infantil: 20 prazas

Actividades para adultos/as:

  • Ximnasia de mantemento: 80 prazas
  • Tai Chi: 40 prazas
  • Ioga: 60 prazas
  • Zumba: 20 prazas

 

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
  • Fotocopia do DNI do solicitante
  • No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
  • No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente e modelo de solicitude de bonificación.

 

ARQUIVOS PARA DESCARGA:

 Composición de Grupos Escola Municipal de Pádel Curso 2025-2026

 Listado Persoas admitidas nas Escolas Deportivas Municipais Curso 2025-2026

 Díptico Escolas Deportivas 2025-2026

 Instrucións para inscrición e desenvolvemento Escolas Deportivas 2025-2026

 SER-DE-125 Formulario de Inscrición Escolas Deportivas 2025-2026

 Solicitude Bonificación familia numerosa Escolas Deportivas 2025-2026

 Modelo Renuncia Escolas Deportivas 2025-2026

 Calendario lectivo Escolas Deportivas 2025-2026