Escolas Deportivas Municipais Curso 2026-2027

 

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 2026 - 2027

 

A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):

 

  • Actividades para nenos e nenas:
  • Golf
  • Pádel
  • Kung Fu
  • Zumba infantil

 

  • Actividades para adultos/as:
  • Ximnasia de mantemento
  • Tai Chi
  • Ioga
  • Zumba

A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2026 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2027, completando así un total de 8 meses lectivos. O custe por modalidade e alumno/a e de 92,70 € por todo o curso, cunha bonificación do 50 % para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas poderano facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.

 

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
  • Fotocopia do DNI da persoas solicitante
  • No caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade, fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura na solicitude
  • Certificado de titularidade de conta bancaria, no caso de que o modelo de solicitude non estea asinado pola entidade bancaria no espazo correspondente

 

Requisitos para participar no programa:

  • Para participar en escolas de nenos e nenas, ter entre 6 e 15 anos de idade.
  • Para participar en escolas de persoas adultas, ter 16 anos ou máis.
  • Estar empadroado ou empadroada no Concello de Monforte
  • Aceptar e cumprir as condicións establecidas para a actividade.
  • Non ter impedimentos para a práctica deportiva e asumir os riscos da mesma.

 

O prazo de solicitudes estará aberto entre o 7 e o 18 de setembro. O 23 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades. A lista de admitidos/as confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes.

As persoas interesadas poderán solicitar como máximo 1 actividade, tanto nas modalidades de nenos/as como nas modalidades de persoas adultas.

Se unha vez finalizado o prazo de inscrición dase o caso de que quedan prazas vacantes, aquelas persoas que estean inscritas nalgunha actividade poderán inscribirse tamén naquelas modalidades nas que queden prazas libres.

Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de inscritos na actividade acade, como mínimo, o 25% das prazas ofertadas.

O número total de prazas ofertadas dentro do programa de escolas deportivas é de 283 repartidas do seguinte xeito:

  • Actividades para nenos e nenas:
  • Golf: 18 prazas
  • Pádel: 30 prazas
  • Kung Fu: 15 prazas
  • Zumba infantil: 20 prazas

 

  • Actividades para adultos/as:
  • Ximnasia de mantemento: 80 prazas
  • Tai Chi: 40 prazas
  • Ioga: 60 prazas
  • Zumba: 20 prazas

 

ACTIVIDADES NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL 2026 – 2027

Na Piscina Climatizada Municipal ofértanse un total de 264 prazas repartidas en 26 grupos. Os cursos organízanse en tres trimestres e darán comezo a principios de outubro:

CURSO

INICIO CURSO

FIN CURSO

DIAS

INFANTIL  I

17:00

17:45

LUNS / MÉRCORES

INFANTIL  II

17:45

18:30

LUNS / MÉRCORES

NEN@S I

17:45

18:30

LUNS / MÉRCORES

NEN@S 0

18:30

19:15

LUNS / MÉRCORES

INFANTIL 0

18:30

19:15

LUNS / MÉRCORES

NEN@S II

19:15

20:00

LUNS / MÉRCORES

NEN@S O

17:00

17:45

MARTES / XOVES

NEN@ I

17:00

17:45

MARTES / XOVES

INFANTIL  I

17:45

18:30

MARTES / XOVES

NEN@S I

17:45

18:30

MARTES / XOVES

INFANTIL 0

18:30

19:15

MARTES / XOVES

INFANTIL I

18:30

19:15

MARTES / XOVES

NEN@S II

19:15

20:00

MARTES / XOVES

BEBES I

17:00

17:45

LUNS / MÉRCORES

BEBES I

19:15

20:00

LUNS / MÉRCORES

BEBES 0

19:15

20:00

MARTES / XOVES

ADULT@S INICIACIÓN

8:00

8:45

LUNS / MÉRCORES

ADULT@S PERFECCIONAMENTO

9:15

10:00

LUNS / MÉRCORES

ADULT@S INICIACIÓN

20:30

21:15

LUNS / MÉRCORES

ADULT@S PERFECCIONAMENTO

21:15

22:00

LUNS / MÉRCORES

ADULT@S PERFECCIONAMENTO

8:00

8:45

MARTES / XOVES

ADULT@S INICIACIÓN

9:15

10:00

MARTES / XOVES

ADULT@S PERFECCIONAMENTO

20:30

21:15

MARTES / XOVES

ADULT@S INICIACIÓN

21:15

22:00

MARTES / XOVES

XIMNASIA ACUATICA

10:00

10:45

LUNS / MÉRCORES

XIMNASIA ACUATICA

10:00

10:45

MARTES / XOVES

 

 

  • Bebés: ata os 3 anos

-    Bebés 0: ata os 18 meses

-    Bebés I: ata os 36 meses

•   Infantil: de 3 a 6 anos

-    Infantil 0: nivel 0 do test

-    Infantil I: nivel I do test

-    Infantil II: nivel II do test

•   Nenos/as: de 6 a 13 anos

-    Nenos/as 0: nivel 0 do test

-    Nenos/as I: nivel I do test

-    Nenos/as II: nivel II do test

•   Adultos/as: a partir de 13 anos

-    Adultos iniciación

-    Adultos perfeccionamento

 

Cada un dos cursos ten unha carga horaria de 2 clases á semana de 45’ cada unha.

As persoas interesadas en matricularse nos cursos de natación poderano facer a partir das seguintes datas:

•   Socios/as da piscina: a partir do 14 de setembro

•   Non socios/as da piscina: a partir do 17 de setembro

 

PROBA DE NIVEL:

Os días 1, 2, 3, 4, 7 e 8 de setembro, de 9:00 a 11:00 e de 16:00 a 18:00 h, e a partir do 9 de setembro de 16:00 a 18:00 h, levaranse a cabo as probas de nivel co fin de que as persoas interesadas se matriculen no curso correspondente co seu nivel de natación.

É recomendable que as persoas interesadas en matricularse nalgún curso de natación realicen con anterioridade a proba de nivel. Esta proba está dirixida só as categorías de “infantil” e “nenos e nenas”. O alumnado que utilice manguitos non require proba de nivel xa que se inscribe directamente ao nivel 0 do seu grupo de idade.

 

TARIFAS DOS CURSOS DE NATACIÓN:

 

TIPO DE CURSO

TARIFA TRIMESTRAL

ABONADO/A

NON ABONADO/A

BEBÉS

46 €

93 €

INFANTIL

36 €

72 €

NENOS

34 €

68 €

INICIACIÓN A PARTIR DE 16 ANOS

46 €

93 €

PERFECCIONAMENTO A PARTIR DE 16 ANOS

46 €

93 €

NATACIÓN ESCOLAR ALUMNO

25 €

25 €

 

 

TIPO DE CURSO

TARIFA MENSUAL

ABONADO/A

NON ABONADO/A

XIMNASIA ACUÁTICA (a partir de 16 anos)

16

33

 

As persoas interesadas en recibir máis información sobre os cursos ofertadas na piscina municipal poden dirixirse ao propio centro ou facer a súa consulta a través do teléfono 982 202 965 ou do correo electrónico apinguela@ideasdebolina.com.

 

ARQUIVOS PARA DESCARGA:

 Composición de grupos Escola Municipal de Pádel Curso 2026-2027

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 Listado de persoas admitidas e en lista de agarda nas Escolas Deportivas Municipais 2026-2027

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 Formulario de Inscrición Escolas Deportivas 2026-2027

 Solicitude bonificación familia numerosa Escolas Deportivas 2026-2027

 Modelo renuncia Escolas Deportivas 2026-2027

 Instrucións para Inscrición e desenvolvemento Escolas Deportivas 2026-2027

 Calendario lectivo Escolas Deportivas 2026-2027

 Cursos Piscina Municipal 2026-2027

 Díptico Escolas Deportivas 2026-2027