Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O goberno municipal solicita que o Estado non abandone os servizos sociais |
O grupo de goberno rexistrou unha proposta relativa ós fondos do Plan Concertado e ó Programa de Teleasistencia que será debatida no próximo pleno.
Na moción fálase de que orisco de exclusión social é cada día maior, e de que o incremento do desemprego provocou un aumento do número de fogares sen ningún tipo de ingresos.
|
05/02/2013 | Noticias histórico |
O Alcalde traballará para que ningún edificio con licenza quede “fóra de ordenación” |
Severino Rodríguez e Mº Xosé Vega ofreceron unha rolda de prensa para analizar a reunión do Consello Económico e Social (CES) e para anunciar unha iniciativa que presentará o equipo de goberno respecto do Plan Xeral, proposta que a voceira nacionalista trasladou os/as integrantes da Plataforma Cidadá en Defensa da Comarca de Lemos nunha reunión que mantiveron este serán.
|
06/02/2013 | Noticias histórico |
O goberno municipal presentou unha iniciativa ó PXOM respecto dos chamados “fóra de ordenación” |
Tal e como anunciaron no día de onte Severino Rodríguez e Mº Xosé Vega, o grupo de goberno de Monforte presentou hoxe nas oficinas do Rexistro Municipal unha proposta respecto do Plan Xeral.
|
07/02/2013 | Noticias histórico |
O Concello contrata con empresas de Monforte o 80 % das adxudicacións directas |
A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, ofreceu unha rolda de prensa para facer públicos os datos sobre a facturación do Concello, saíndo ó paso das declaracións do PP sobre a excesiva contratación de empresas de fóra de Monforte.
|
10/02/2013 | Noticias histórico |
O Alcalde entrevistarase co conselleiro de Economía e Industria |
O alcalde de Monforte entrevistarase o próximo luns, día 25 de febreiro, co conselleiro de Economía e Industria, o monfortino Francisco Conde López.
Severino Rodríguez expoñeralle ó conselleiro o proxecto que se está desenvolvendo na Praza de Abastos de Monforte, e abordará outros asuntos relacionados co comercio local.
|
21/02/2013 | Noticias histórico |
O Alcalde reunirase co comité de empresa de Renfe |
O Alcalde convocou a unha reunión ós integrantes do comité de empresa de Renfe en Monforte.
|
26/02/2013 | Noticias histórico |
O Alcalde ofrece a súa colaboración para manter os postos de traballo no taller de Renfe |
O Alcalde reuniuse esta mañá cos integrantes do comité de empresa de Renfe en Monforte para abordar a situación orixinada polo posible traslado a Ourense dos 19 traballadores que prestan os seus servizos no taller da cidade do Cabe.
|
27/02/2013 | Noticias histórico |
O goberno municipal solicitará o apoio da Corporación á manifestación en defensa do Hospital Comarcal | 01/03/2013 | Noticias histórico | |
O goberno municipal rexeita a supresión das oficinas de Rexistro da Propiedade |
A supresión das oficinas liquidadoras dos Rexistros da Propiedade nos concellos galegos centra unha moción presentada polo grupo de goberno monfortino que será debatida no próximo pleno.
Segundo expón a proposta dos nacionalistas, a Xunta decidiu suprimir as oficinas dos Rexistros da Propiedade en máis de corenta municipios das catro provincias galegas.
|
03/03/2013 | Noticias histórico |
Pleno Ordinario 5 de Marzo de 2013 |
ORDE DO DÍA: 1. Aprobación acta do Pleno de data 28 de xaneiro do 2013 2. Dar conta de decretos da Alcaldía do número 30 (de data 18.01.2013) ata a número 106 (de data 25.02.2013) 3. Dación de conta informe seguimento plan de axuste 4. Proposta do BNG relativa aos fondos do plan concertado e o programa de teleasistencia 5. |
05/03/2013 | Plenos, Impresos, Documentos y Pregones |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »