Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Alcalde continúa coas xestións para coñecer o alcance da reestruturación de Paradores |
O alcalde, Severino Rodríguez, entrevistouse esta mañá co director do Parador de Monforte, Santiago Carrera, coa intención de coñecer como van afectar as medidas que adoptará a dirección de Paradores tanto ós traballadores/as como ó propio funcionamento do Parador da nosa cidade.
|
29/11/2012 | Noticias histórico |
Quince comercios de Monforte participarán nos tres Mercados do Nadal |
A concelleira de Promoción Económica, Mª Xosé Vega, presentou os Mercados do Nadal que se van celebrar na Praza de Abastos nos meses de decembro e xaneiro.
Vega Buján lembrou o éxito que tiveron as anteriores edicións dos Mercados entre a cidadanía e falou da forte aposta que fixo o goberno local por recuperar a Praza de Abastos como un centro peculiar.
|
01/12/2012 | Noticias histórico |
Inaugurado o Espazo Gastronómico da Praza de Abastos |
O Espazo Gastronómico da Praza de Abastos inaugurouse onte luns baixo a dirección de Damián Novoa Seijas, un profesional que xa leva percorrido un longo camiño de experiencias por distintos países de Europa, traballando na restauración e participando en concursos do máis alto nivel.
|
04/12/2012 | Noticias histórico |
O Alcalde inicia mañá a rolda de conversas sobre o Parador |
O alcalde, Severino Rodríguez, entrevistarase mañá mércores, ás 13:00 h. no Parador de Monforte, coa deputada do BNG Rosana Pérez Fernández, con quen falará da incidencia que pode ter na cidade e na comarca a restruturación de Paradores.
|
04/12/2012 | Noticias histórico |
Este Nadal mercar na Praza de Abastos ten premio |
O concello de Monforte de Lemos e os industriais da Praza de Abastos poñen en marcha unha campaña para promocionar as compras de Nadal neste recinto.
O Alcalde, a concelleira de Promoción Económica, e a industrial da Praza, Esther Castro, explicaron en que consiste a campaña para fomentar as compras na Praza de Abastos.
|
05/12/2012 | Noticias histórico |
O BNG solicitou a comparecencia da presidenta de Paradores no Congreso dos Deputados |
O alcalde de Monforte reuniuse no día de onte coa deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, para analizar que medidas se poden adoptar ante o posible peche do Parador de San Vicente do Pino durante cinco meses ó ano.
|
06/12/2012 | Noticias histórico |
A Teleasistencia Domiciliaria motiva unha moción do goberno municipal |
O grupo de goberno rexistrou unha moción solicitando o compromiso do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad con respecto ó cofinanciamento da Teleasistencia Domiciliaria.
|
11/12/2012 | Noticias histórico |
O Concello e o Fogar San José asinaron un convenio de colaboración |
O alcalde, Severino Rodríguez, e a relixiosa Josefa Vilariño,asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o Concello aportará 6.000 euros para contribuír co labor que desenvolve en Monforte o Fogar de San José Hermanitas Ancianos Desamparados.
|
12/12/2012 | Noticias histórico |
Acordo dos tres grupos municipais na defensa do Parador de Monforte |
Severino Rodríguez reuniuse hoxe, ás 13:00 h. na Casa do Concello, cos voceiros/as dos tres grupos políticos da Corporación Municipal para abordar a situación do Parador de Monforte ante as medidas anunciadas pola dirección da compañía.
|
12/12/2012 | Noticias histórico |
O PXOM someterase a aprobación inicial o venres 21 de decembro |
O Alcalde anunciou oficialmente a celebración dun pleno extraordinario, o venres día 21 de decembro ás 18:00 h., para levar a cabo a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
|
14/12/2012 | Noticias histórico |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »