Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
Aberto o prazo para inscribirse nos xoves de Compadres e Comadres e no Desfile de Comparsas

A delegación de Cultura abre o prazo de inscrición para as actividades de Entroido, mantendo así unha importante tradición que conta cunha alta participación nos diferentes actos organizados.

 

19/01/2015 Noticias histórico
O Centro Cívico Social do Malecón reabrirá a vindeira semana

O Alcalde e a concellería de Benestar Social anunciaron en rolda de prensa a próxima reapertura do Centro Cívico Social do Malecón, coñecido anteriormente como Centro da Terceira Idade.

 

19/01/2015 Noticias histórico
Pleno Ordinario do 26 de Xaneiro de 2015

ORDE DO DIA: 1. ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO 29 DE DECEMBRO DE 2014. PARTE RESOLUTIVA 2. MODIFICACIÓNS DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN PARA O ACONDICIONAMENTO DA CANLE E MARXES DO RÍO CABE. 3. REVISIÓN DE PREZOS, POR ACTUALIZACIÓN DO IPC, DO CONTRATO DE XESTIÓN DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE RSU E LIMPEZA VIARIA, CON EFECTOS DESDE SETEMBRO DE 2014. 4.

26/01/2015 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
O presidente da Deputación visitou o Centro Cívico Social do Malecón

O presidente da Deputación Provincial de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, xunto co alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, visitou hoxe o Centro Cívico Social do Malecón.

 

Os dous mandatarios estiveron acompañados pola concelleira de Benestar Social, Pilar López, polo deputado autonómico, Vicente Docasar, e polos voceiros/as dos grupos políticos municipais.

 

28/01/2015 Noticias histórico
Centos de persoas visitaron o Centro Cívico Social do Malecón

A cidadanía de Monforte asistiu en gran número á inauguración do Centro Cívico Social do Malecón. Foron moitas as persoas que visitaron as instalacións e que participaron no acto que se desenvolveu ás oito do serán.

 

07/02/2015 Noticias histórico
A recollida selectiva medrou un 17 % no 2014 en Monforte

Durante o ano 2014 o Concello de Monforte xestionou a recollida e tratamento de 1.009 toneladas métricas (Tm) de residuos reciclables, 146 Tm máis que no ano 2013 (863 Tm), o que supón un incremento do 17 % neste tipo de recollida.

 

15/02/2015 Noticias histórico
Pilar López anuncia inminentes obras de eliminación de barreiras arquitectónicas en oito rúas da cidade

A concelleira de Benestar Social, Pilar López, acompañada dun representante da asociación Auxilia, Emilio Nieves, mostrou a súa satisfacción polo comezo inmediato de obras de accesibilidade en 8 rúas da cidade.

 

25/02/2015 Noticias histórico
O Concello executará obras de mellora de pistas e camiños cun orzamento de 185.000 euros

O alcalde presentou obras de rexeneración do firme de pistas e camiños en diversas parroquias, actuacións que se van iniciar nas vindeiras datas con fondos do PEIM e tamén con fondos propios do Concello.

 

26/02/2015 Noticias histórico
A Axencia Tributaria de Monforte non contará co servizo de asesoramento ós emigrantes retornados

O grupo de goberno denunciou a discriminación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) con Monforte, ó respecto do servizo para a devolución das sancións e intereses que tiña cobrado ós emigrantes retornados.

 

28/02/2015 Noticias histórico
Pleno Ordinario do 04 de Marzo de 2015

SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DIA: 4 DE MARZO DE 2015 (MÉRCORES). HORA 20 HORAS (OITO DA TARDE). ORDE DO DIA: 1. ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO 26 DE XANEIRO DE 2015. 2. CARÁCTER ORDINARIO DA SESIÓN. PARTE RESOLUTIVA 3. ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA LIMPEZA DE TERREOS, DISTANCIA DAS PLANTACIÓNS E XESTIÓN DA BIOMASA DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS. 4.

04/03/2015 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones