Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Concello contrata cunha empresa monfortina a iluminación de Nadal |
O Concello instalará a iluminación de Nadal na Torre da Homenaxe e nas prazas da cidade (Campo de San Antonio, praza e capela de Carude, praza do Piñeiro, e prazas da Florida e da Estación). Tamén se iluminará e decorará o abeto da Compañía.
A instalación da iluminación foi contratada coa empresa monfortina Iluminaciones Fernández por un prezo de 13.000 euros. |
13/12/2013 | Noticias histórico |
O problema de SOGAMA centra unha nova xuntanza dos grupos municipais galegos |
Os alcaldes galegos volverán reunirse en Santiago de Compostela o sábado día 21 de decembro ás doce do mediodía.
A xuntanza celebrarase no mesmo lugar que se desenvolveu a derradeira reunión, en A Nave de Vidán, avenida Mestra Victoria, 44.
|
15/12/2013 | Noticias histórico |
O audiovisual contado por profesionais nunhas xornadas en Monforte |
O concello de Monforte, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, organiza as Xornadas Audiovisuais 27400, que se levarán a cabo os días 26, 27 e 28 de decembro nas instalacións da Casa da Cultura do Concello.
|
16/12/2013 | Noticias histórico |
Amafer presenta no Concello o premio “Monforte ao Ferrocarril” |
A Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), en colaboración co Concello de Monforte, a Consellería de Medio Ambiente, a Deputación de Lugo, e os colexios profesionais de Xornalistas e de Enxeñeiros de Camiños e Portos, convoca un premio que recoñece o labor de persoas ou colectivos a prol do ferrocarril en Galicia.
|
18/12/2013 | Noticias histórico |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7