O Concello contrata cunha empresa monfortina a iluminación de Nadal

O Concello instalará a iluminación de Nadal na Torre da Homenaxe e nas prazas da cidade (Campo de San Antonio, praza e capela de Carude, praza do Piñeiro, e prazas da Florida e da Estación). Tamén se iluminará e decorará o abeto da Compañía.

 

A instalación da iluminación foi contratada coa empresa monfortina Iluminaciones Fernández por un prezo de 13.000 euros.

 

Os traballos de iluminación da cidade comezarán este sábado día 14 nas prazas da Estación e do Piñeiro e na contorna da capela de Carude. O domingo iluminarase a praza da Florida, o luns o Campo de San Antonio, e o martes a praza de Carude. O mércores e o xoves da próxima semana instalarase a iluminación na Torre da Homenaxe e no abeto da Compañía.

 

A iluminación de Nadal nos edificios públicos (Casa do Concello, Casa da Cultura, Centro do Viño, e Praza de Abastos) será instalada nas vindeiras datas polos operarios da delegación de Servizos Municipais.

 

O Concello, coa colaboración da asociación Albores, xa levou a cabo a decoración das rúas Comercio e Dr. Teijeiro.