Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
Incrementarase a colaboración entre as forzas de seguridade para controlar a zona de pubs

Este luns celebrouse unha reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade, solicitada polo alcalde de Monforte para analizar a situación da rúa Duquesa de Alba.

 

05/03/2013 Noticias histórico
Este mércores día 13 celebrarase un pleno extraordinario sobre o Hospital Comarcal

Severino Rodríguez, en calidade de  presidente do Pleno da Corporación de Monforte,  convocou unha sesión extraordinaria e urxente solicitada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, por apreciar a existencia de motivos que impiden demorar a consideración do asunto que figurará na orde do día ata a próxima sesión ordinaria.

 

12/03/2013 Noticias histórico
Pleno Extraordinario Urxente 13 de Marzo de 2013 (Área Sanitaria de Monforte)

ORDE DO DÍA: 1.- Pronunciamento sobre a urxencia. 2.- Proposta sobre o mantemento da Área Sanitaria de Monforte de Lemos.

13/03/2013 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
O Alcalde solicita unha entrevista urxente co presidente da Xunta de Galicia

O alcalde de Monforte solicitou esta mañá unha entrevista urxente co presidente da Xunta “co obxecto de recibir unha aclaración sobre o futuro do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos”.

 

Severino Rodríguez dirixiu a petición a Nuñez Feijoo a través de correo postal, adiantando a mesma mediante correo electrónico.

 

18/03/2013 Noticias histórico
O encontro coa conselleira de Sanidade confirma a inminente publicación do Decreto da Área Sanitaria

“Enorme decepción”, ese sería o calificativo máis axeitado para definir o encontro que a conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, mantivo esta tarde en Compostela con alcaldes da Área Sanitaria de Monforte, entre os que estaba o rexedor da cidade do Cabe.

 

20/03/2013 Noticias histórico
O Alcalde solicita unha entrevista co máximo responsable da Axencia Tributaria en Galicia

O alcalde de Monforte remitiu onte unha carta ó Delegado Especial en Galicia da Axencia Tributaria, José Luis Rodríguez, solicitando unha entrevista urxente.

 

21/03/2013 Noticias histórico
O Alcalde convoca unha reunión sobre o Hospital Comarcal para o martes día 26

O alcalde de Monforte anunciou en rolda de prensa que atenderá a petición presentada no Concello pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e convocará ós integrantes do CES, ós pedáneos e ós representantes das asociación, a unha reunión  que terá lugar o martes día 26 de marzo ás sete da tarde.

 

22/03/2013 Noticias histórico
Pleno Extraordinario Urxente 27 de Marzo de 2013 (Retirada do PXOM)

ORDE DO DÍA: 1.- Pronunciamento sobre a urxencia. 2.- Retirada do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

27/03/2013 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
Pleno Ordinario 9 de Abril de 2013

ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación das Actas do Pleno de datas 5 de marzo e 13 de marzo de 2013. 2.- Dar conta de decretos da Alcaldía (do número 107 de 20/02/2013 ata o número 166 de 27/03/2013). 3.- Proposta do BNG sobre a Administración Xeral Tributaria de Monforte de Lemos. 4.- Proposta do PSOE sobre resolución da AEAT de Monforte de Lemos.

09/04/2013 Plenos, Impresos, Documentos y Pregones
Produtos galegos e portugueses de “Excelencia” no mercado desta fin de semana

Os alcaldes de Monforte e O Barco de Valdeorras, Severino Rodríguez e Alfredo L. García,presentaron o mercado de “Produtos de Excelencia de Galicia e o Norte de Portugal” que se celebrará esta fin de semana, días 13 e 14 de abril, na Praza de Abastos da cidade do Cabe.

 

09/04/2013 Noticias histórico