Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Alcalde reunirase co comité de empresa de Renfe |
O Alcalde convocou a unha reunión ós integrantes do comité de empresa de Renfe en Monforte.
|
26/02/2013 | Noticias histórico |
O Alcalde ofrece a súa colaboración para manter os postos de traballo no taller de Renfe |
O Alcalde reuniuse esta mañá cos integrantes do comité de empresa de Renfe en Monforte para abordar a situación orixinada polo posible traslado a Ourense dos 19 traballadores que prestan os seus servizos no taller da cidade do Cabe.
|
27/02/2013 | Noticias histórico |
O goberno municipal solicitará o apoio da Corporación á manifestación en defensa do Hospital Comarcal | 01/03/2013 | Noticias histórico | |
O goberno municipal rexeita a supresión das oficinas de Rexistro da Propiedade |
A supresión das oficinas liquidadoras dos Rexistros da Propiedade nos concellos galegos centra unha moción presentada polo grupo de goberno monfortino que será debatida no próximo pleno.
Segundo expón a proposta dos nacionalistas, a Xunta decidiu suprimir as oficinas dos Rexistros da Propiedade en máis de corenta municipios das catro provincias galegas.
|
03/03/2013 | Noticias histórico |
Incrementarase a colaboración entre as forzas de seguridade para controlar a zona de pubs |
Este luns celebrouse unha reunión extraordinaria da Xunta Local de Seguridade, solicitada polo alcalde de Monforte para analizar a situación da rúa Duquesa de Alba.
|
05/03/2013 | Noticias histórico |
Este mércores día 13 celebrarase un pleno extraordinario sobre o Hospital Comarcal |
Severino Rodríguez, en calidade de presidente do Pleno da Corporación de Monforte, convocou unha sesión extraordinaria e urxente solicitada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, por apreciar a existencia de motivos que impiden demorar a consideración do asunto que figurará na orde do día ata a próxima sesión ordinaria.
|
12/03/2013 | Noticias histórico |
O Alcalde solicita unha entrevista urxente co presidente da Xunta de Galicia |
O alcalde de Monforte solicitou esta mañá unha entrevista urxente co presidente da Xunta “co obxecto de recibir unha aclaración sobre o futuro do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos”.
Severino Rodríguez dirixiu a petición a Nuñez Feijoo a través de correo postal, adiantando a mesma mediante correo electrónico.
|
18/03/2013 | Noticias histórico |
O encontro coa conselleira de Sanidade confirma a inminente publicación do Decreto da Área Sanitaria |
“Enorme decepción”, ese sería o calificativo máis axeitado para definir o encontro que a conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera, mantivo esta tarde en Compostela con alcaldes da Área Sanitaria de Monforte, entre os que estaba o rexedor da cidade do Cabe.
|
20/03/2013 | Noticias histórico |
O Alcalde solicita unha entrevista co máximo responsable da Axencia Tributaria en Galicia |
O alcalde de Monforte remitiu onte unha carta ó Delegado Especial en Galicia da Axencia Tributaria, José Luis Rodríguez, solicitando unha entrevista urxente.
|
21/03/2013 | Noticias histórico |
O Alcalde convoca unha reunión sobre o Hospital Comarcal para o martes día 26 |
O alcalde de Monforte anunciou en rolda de prensa que atenderá a petición presentada no Concello pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e convocará ós integrantes do CES, ós pedáneos e ós representantes das asociación, a unha reunión que terá lugar o martes día 26 de marzo ás sete da tarde.
|
22/03/2013 | Noticias histórico |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »