Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
Variedade de actos para conmemorar o día 25 de novembro |
A concelleira de Igualdade, Ana Casal, presenta o programa de actos deseñado pola súa delegación co obxecto de conmemorar o “Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”, data que se celebra o 25 de novembro.
|
17/11/2013 | Noticias histórico |
O Concello colaborará coa iluminación de Nadal igual que o ano pasado |
O concello de Monforte manterá este ano a mesma liña de colaboración que no 2012 para o financiamento da iluminación de Nadal na zona comercial da cidade.
|
27/11/2013 | Noticias histórico |
Unha experta augura boas perspectivas ós nosos viños no mercado británico |
Representantes dos concellos de Verín, O Barco de Valdeorras e Monforte, reuníronse hoxe venres no Centro do Viño, cos presidentes dos Consellos Reguladores e adegueiros das denominacións de orixe Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra .
|
29/11/2013 | Noticias histórico |
O Concello continuará investindo en medidas de aforro enerxético |
O concelleiro de Servizos Municipais compareceu en rolda de prensa para dar conta das diferentes actuacións que se levan a cabo coa finalidade de cumprir cos obxectivos do Plan de Aforro Enerxético que desenvolve a súa delegación.
|
01/12/2013 | Noticias histórico |
Os produtos do Nadal serán os protagonistas dos Mercados de decembro |
O Espazo Central da Praza de Abastos acollerá durante tres fins de semana do mes de decembro un Mercado dedicado ós produtos do Nadal.
|
04/12/2013 | Noticias histórico |
Na procura dunha feira renovada, cómoda e organizada |
O alcalde e a concelleira de Promoción Económica presentaron o proxecto de remodelación da feira de Monforte.
|
05/12/2013 | Noticias histórico |
A Xerencia do Catastro dá a razón a Monforte no deslinde con Sober |
A Xerencia Territorial do Catastro, dependente do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, comunicou ó concello de Monforte que “non procede efectuar a modificación de deslinde solicitada polo concello de Sober” en terreos do polígono industrial de O Reboredo.
|
08/12/2013 | Noticias histórico |
O Concello contrata cunha empresa monfortina a iluminación de Nadal |
O Concello instalará a iluminación de Nadal na Torre da Homenaxe e nas prazas da cidade (Campo de San Antonio, praza e capela de Carude, praza do Piñeiro, e prazas da Florida e da Estación). Tamén se iluminará e decorará o abeto da Compañía.
A instalación da iluminación foi contratada coa empresa monfortina Iluminaciones Fernández por un prezo de 13.000 euros. |
13/12/2013 | Noticias histórico |
O audiovisual contado por profesionais nunhas xornadas en Monforte |
O concello de Monforte, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, organiza as Xornadas Audiovisuais 27400, que se levarán a cabo os días 26, 27 e 28 de decembro nas instalacións da Casa da Cultura do Concello.
|
16/12/2013 | Noticias histórico |
O problema de SOGAMA centra unha nova xuntanza dos grupos municipais galegos |
Os alcaldes galegos volverán reunirse en Santiago de Compostela o sábado día 21 de decembro ás doce do mediodía.
A xuntanza celebrarase no mesmo lugar que se desenvolveu a derradeira reunión, en A Nave de Vidán, avenida Mestra Victoria, 44.
|
15/12/2013 | Noticias histórico |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »