|
Monforte de Lemos, 18 de febreiro de 2026. O Concello de Monforte de Lemos súmase á conmemoración do Día Mundial do Colangiocarcinoma, este xoves 19 de febreiro. Como xesto simbólico, e coa finalidade de sensibilizar á poboación acerca deste tipo de cancro, a Torre da Homenaxe iluminarase coa cor verde. |