BANDO
Don José Tomé Roca, Alcalde do Concello de Monforte de Lemos,
FAI SABER
En virtude do disposto na Ordenanza municipal reguladora da limpeza de terreos, distancia das plantacións e xestión da biomasa do Concello de Monforte de Lemos do 23 de abril de 2015, os propietarios e propietarias dos terreos ubicados en solo urbano e urbanizable delimitado deberán mantelos limpos e rozados de vexetación de acordo cos bandos e instrucións ditados pola Alcaldía, e en todo caso antes do 30 de xuño de cada ano.
Por iso, lémbrase a todas as persoas propietarias a obriga de realizar os traballos necesarios de limpeza, roza e retirada de biomasa vexetal nos seus predios, co fin de garantir as condicións de seguridade, salubridade e ornato público, así como de contribuír á prevención de incendios forestais.
Advírtese que o incumprimento desta obriga poderá dar lugar á incoación dos correspondentes expedientes administrativos e á imposición das sancións que procedan conforme á normativa vixente da Xunta de Galicia.
Para máis información pode contactar co Concello por teléfono no 982 402 501.
En Monforte de Lemos, na data da sinatura dixital