TEATRO na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, VIRAVENTOS con O BOLETO sábado 20 de decembro ás 20:00 h

O Concello de Monforte de Lemos integrado nos Circuitos de Teatro Afeccionado e Profesional da Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Cultura presenta a obra O BOLETO do Grupo de Teatro monfortino VIRAVENTOS. O espectáculo terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o sábado 20 de decembro ás 20:¡00h con entrada libre e gratuíta.

Sinopse

No corazón dun pequeno pobo galego, onde a rutina e a amizade van da man, a vida dá un xiro inesperado cando a peña da loteríalocal resulta gañadora do maior premio da historia. A alegría é inmensa, as copas corren e os soños empezan a tomar forma, Pero ao día seguinte da celebración, unha nova abanea a comunidade: Lisardo Cacheira, o veciño de confianza e custodio do boleto premiado, aparece morto en circunstancias estrañas. A obra desenvólvese no tanatorio do pobo, onde os veciños e veciñas, entre bágoas, lembranzas e sospeitas, intentan despedirse de Lisardo .... e desentrañar o misterio. Que pasou realmente esa noite? Onde está o boleto da sorte? E se a fortuna non só trouxo alegría, senón tamén cobiza?.

Unha comedia de enrredo e suspense, onde cada personaxe agocha máis do que parece, e onde a verdadeira natureza das relacións saen á luz cando hai millóns en xogo.

Escrita e dirixida por: Candela López e Marcos Vázquez. Elenco: Elena Arnaiz como Elena, Ángeles Bande como Elisa, Juan Castro como Juan ou Señor Alcalde, José Ramón Cid como Edesio, Fina Díaz como Fina, Manuela Fuentes como Manuela, Teresa González como Teresa, Ángeles Martínez como Ángeles, Antonio Martínez como Antonio, Pury Conde como Mari, Pili Rodlos como Pili ou viuva, Gonzalo Rodríguez como Padre Gonzalo, Josi Rodríguez como Josi e Marina Vidueira como Marina.