O Alcalde anuncia que unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato e mellora da xestión dos servizos da auga en Monforte

Monforte de Lemos, 31 de xaneiro de 2026. A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde o pasado luns, 26 de xaneiro, á contratación dos traballos de redacción da documentación que conformará o expediente para a renovación do contrato de xestión dos servizos da auga no Concello de Monforte. O Alcalde, José Tomé Roca, deu conta da aprobación desta medida ao remate da sesión ordinaria da Xunta de Goberno, e anunciou que será unha consultora especializada a encargada de redactar os documentos que servirán de base para a renovación e mellora deste servizo. O contrato con Aqualia (empresa concesionaria desde 2001) finaliza en xullo deste 2026 tras 25 anos de vixencia, e o Equipo de Goberno decidiu recorrer a unha consultora especializada para redactar as bases que rexerán o novo procedemento.

O Alcalde, José Tomé Roca, avanzou que a empresa contratada será a encargada de elaborar toda a documentación que conformará o Expediente de Contratación da Concesión para a xestión dos servizos de Ciclo Integral da Auga do municipio: abastecemento de auga potable, saneamento, sumidoiros e depuración. “Quixemos contar cunha empresa especializada e con experiencia neste tipo de procedementos porque estamos falando dun contrato de gran envergadura que precisa persoal técnico especializado”, indica o rexedor. Neste senso, avanza tamén que o Goberno local non ten intención de prorrogar a concesión con Aqualia, “polo que a nosa intención é poder licitar o novo contrato no segundo semestre deste ano”.

 

Estudo de viabilidade, memoria xustificativa e pregos técnicos e administrativos

Os traballos solicitados inclúen o estudo de viabilidade económico-financieiro, a redacción da memoria xustificativa do contrato para a xestión do ciclo integral da auga e os pliegos de condicións técnicas e administrativas, que son os documentos esenciais que conforman o expediente de contratación xa que vinculan xurídicamente ás partes contratantes.

No caso do estudo de viabilidade económico-financieiro do futuro contrato de concesión, o documento deberá conter unha memoria da explotación cos datos básicos do servizo que servirá de base para a oferta dos licitadores. Tamén incorporará un estudo económico dos costes de explotación, gasto anual, gastos xerais, amortizacións e gastos financeiros, ingresos do servizo, estudio de implantación dun canon de inversións e obras (no seu caso), estudo de suficiencia tarifaria e un análise da viabilidade do servizo. Para este último informe será necesario realizar unha avaliación dos gastos e ingresos do servizo para todo o período da concesión en función dunha relación de parámetros e finalmente os conceptos de Tasa Interna de Retorno (TIR) e Valor Actual Neto (VAN).

A consultora encargarase tamén de redactar toda documentación que conforma o Expediente completo da licitación. Neste apartado está incluído un informe da estrutura de costes e outro sobre a acreditación da oportunidade e conveniencia do contrato para a prestación do servizo da auga.

Así mesmo, a empresa redactará a memoria xustificativa do contrato que deberá conter os seguintes aspectos: necesidade do contrato, división en lotes ou non, procedemento de licitación, valor estimado do contrato e prezo base de licitación, insuficiencia de medios e os criterios de adxudicación e solvencia, ademais das condicións especiais de execución do contrato.

O expediente complétase cos pliegos de prescripcións técnicas particulares e de condicións administrativas particulares e os correspondentes anexos. Os pliegos recollerán as cuestións técnicas da xestión do servizo de abastecemento e saneamento da auga, a maneira na que se desenvolverá o proceso de selección da empresa e as condicións que marcarán a relación entre o Concello e a firma que resulte adxudicataria do contrato.