Monforte de Lemos, 12 de febreiro de 2026. Monforte entra de cheo nas festas do Entroido 2026 coa celebración do tradicional Xoves de Comadres. As rúas do centro urbano, barrios e parroquias, así como os centros de ensino da cidade, amañeceron este xoves baixo a presenza das comadres representando escenas alusivas á actualidade ou a momentos da vida cotiá, e recreadas desde o humor con moita orixinalidade.
No que se refire ao concurso do Xoves de Comadres convocado polo Concello de Monforte, participaron unha vintena de asociacións, entidades e persoas a título individual, con máis de setenta bonecos acompañados do seu particular atrezo. O certame, que ten o seu momento central na Praza de España ás 17.00 horas coa concentración dos centros de ensino e as propostas individuais, culminou coa lectura dos premios a cargo da Concelleira de Cultura, Marina Doutón, e a tradicional queima das figuras.
A Concellería de Cultura levou a cabo tres convocatorias ás que se destinan un total de 2.000€ en premios: unha para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e unha terceira de carácter individual na Praza de España.
En total, presentáronse a concurso 21 propostas:
- Parroquias/barrios/rúas. Colectivo: 9 asociacións e entidades participantes cun total de 55 comadres.
- Parroquias/barrios/rúas. Individual: 4 participantes con 5 comadres en total.
- Centros de ensino. Colectivo: 1 centro.
- Centros de ensino. Individual: 4 centros con 4 comadres.
- Praza de España. Individual: 3 participantes con 3 comadres.
Os premios coñecéronse pasadas as 17.30 horas, nun acto no que tamén participou o Alcalde, José Tomé. Antes da lectura, a Concelleira felicitou a todos os participantes e agradeceu a asistencia dos centros de ensino e compadres individuais ao acto da Praza de España. Así mesmo, convidou a todos os asistentes a sumarse á celebración do Martes de Entroido, co desfile de Comparsas.
PREMIOS XOVES COMADRES DO CONCELLO DE MONFORTE 2026:
-Crítica social- Viaxamos a Monforte co bus rural. Silvia García Vázquez-San Juan de Tor, 150€.
-Etnografía- A súper avoa. Asociación Agora, 150€.
-Parroquias/barrios/rúas. Colectivo:
Accésit - As comadres A Internacional. Mª Matilda Corral-Peluquería Internacional, 75€.
Accésit – Ca auga ata o pescozo. Alicia Dapena Pérez, 75€.
Accésit – No fondo do mar. AFAMON, 75€.
2º- Cobas “en marcha” con Eva Nasarre. Asociación Veciños Barrio de Cobas, 120 €.
2º - Mandilón Fashion Week. San Julián de Tor, 120€.
1º - Inseguridade Social. Asociación Agora-Centro de Día, 150€.
1º - Facemos o que nos da a lana. Asociación Prodeme, 150€.
-Barrios individual (ata 3 compadres):
Accésit - Farmacéutica. Rebeca Galván Segura, 50€.
2º - As pitas confitadas. Geriatros Domus VI Monforte, 75€.
1º - Chancha confínase en Guntín. Matilda Somoza González, 100€.
-Praza de España individual
2º - Rumi La guerrera del K-Pop. Leo Blanco Rajo, 75 €
2º - A enfermeira que non falla. Luis Gallego López, 50€.
1º - A Galega vestida de gala. Adelina Deus González, 100€.
-Centros ensino. Colectivo (Máis de 3 compadres)
1º - A sanidade 40 aniversario do noso hospital. Colexio Ferroviario, 150€.
-Centros ensino. Individual
Accésit - Mouras. CEIP Monforte, 75€.
Accésit - Gandariña voluntaria. CEIP A Gándara, 75€.
2º - Labubus, praga de monstruos. Colexio Torre de Lemos, 75€.
1º- Mestra por vocación, ANPA Colexio Escolapios, 100€.