O Concello repartiu 2.000€ en premios nun Xoves de Comadres no que participaron colectivos veciñais, sociais e centros de ensino

Monforte de Lemos, 12 de febreiro de 2026. Monforte entra de cheo nas festas do Entroido 2026 coa celebración do tradicional Xoves de Comadres. As rúas do centro urbano, barrios e parroquias, así como os centros de ensino da cidade, amañeceron este xoves baixo a presenza das comadres representando escenas alusivas á actualidade ou a momentos da vida cotiá, e recreadas desde o humor con moita orixinalidade.

No que se refire ao concurso do Xoves de Comadres convocado polo Concello de Monforte, participaron unha vintena de asociacións, entidades e persoas a título individual, con máis de setenta bonecos acompañados do seu particular atrezo. O certame, que ten o seu momento central na Praza de España ás 17.00 horas coa concentración dos centros de ensino e as propostas individuais, culminou coa lectura dos premios a cargo da Concelleira de Cultura, Marina Doutón, e a tradicional queima das figuras.

A Concellería de Cultura levou a cabo tres convocatorias ás que se destinan un total de 2.000€ en premios: unha para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e unha terceira de carácter individual na Praza de España.

 

En total, presentáronse a concurso 21 propostas:

  • Parroquias/barrios/rúas. Colectivo: 9 asociacións e entidades participantes cun total de 55 comadres.
  • Parroquias/barrios/rúas. Individual: 4 participantes con 5 comadres en total.
  • Centros de ensino. Colectivo: 1 centro.
  • Centros de ensino. Individual: 4 centros con 4 comadres.
  • Praza de España. Individual: 3 participantes con 3 comadres.

 

Os premios coñecéronse pasadas as 17.30 horas, nun acto no que tamén participou o Alcalde, José Tomé. Antes da lectura, a Concelleira felicitou a todos os participantes e agradeceu a asistencia dos centros de ensino e compadres individuais ao acto da Praza de España. Así mesmo, convidou a todos os asistentes a sumarse á celebración do Martes de Entroido, co desfile de Comparsas.

 

PREMIOS XOVES COMADRES DO CONCELLO DE MONFORTE 2026:

-Crítica social- Viaxamos a Monforte co bus rural. Silvia García Vázquez-San Juan de Tor, 150€.

-Etnografía- A súper avoa. Asociación Agora, 150€.      

      

-Parroquias/barrios/rúas. Colectivo:

Accésit -  As comadres A Internacional. Mª Matilda Corral-Peluquería Internacional, 75€.

Accésit – Ca auga ata o pescozo. Alicia Dapena Pérez, 75€.

Accésit – No fondo do mar. AFAMON, 75€.

2º-    Cobas “en marcha” con Eva Nasarre. Asociación Veciños Barrio de Cobas, 120 €.

2º -   Mandilón Fashion Week. San Julián de Tor, 120€.

1º -   Inseguridade Social. Asociación Agora-Centro de Día, 150€.

1º -   Facemos o que nos da a lana. Asociación Prodeme, 150€.

 

-Barrios individual (ata 3 compadres):

Accésit -  Farmacéutica. Rebeca Galván Segura, 50€.

2º -   As pitas confitadas. Geriatros Domus VI Monforte, 75€.

1º -   Chancha confínase en Guntín. Matilda Somoza González, 100€.

 

-Praza de España  individual

2º -  Rumi La guerrera del K-Pop. Leo Blanco Rajo, 75 €

2º -  A enfermeira que non falla. Luis Gallego López, 50€.

1º -  A Galega vestida de gala. Adelina Deus González, 100€.

 

-Centros ensino. Colectivo (Máis de 3 compadres)

 -  A sanidade 40 aniversario do noso hospital. Colexio Ferroviario, 150€.

 

-Centros ensino. Individual

Accésit -  Mouras. CEIP Monforte, 75€.

Accésit -  Gandariña voluntaria. CEIP A Gándara, 75€.

 -  Labubus, praga de monstruos. Colexio Torre de Lemos, 75€.

-  Mestra por vocación, ANPA Colexio Escolapios, 100€.