Monforte de Lemos, 27 de febreiro de 2026. Monforte súmase aos actos conmemorativos do 28 de febreiro, Día Mundial das Enfermidades Raras, iluminando de verde a Torre da Homenaxe. Con este xesto simbólico, o Concello amosa o seu apoio ao colectivo de persoas que conviven con algunha destas patoloxías e visibiliza estas enfermidades co obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre unha realidade que afecta a 3 millóns de persoas en España. As enfermidades raras son aquelas cuxa prevalencia está por debaixo de 5 por cada dez mil habitantes.
Con motivo desta conmemoración, a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas impulsa a campaña na que edificios e monumentos se iluminarán de cor verde para dar visibilidade a este colectivo e chamar a atención sobre os retos que afrontan os pacientes con enfermidades raras e as súas familias: prevención, diagnóstico, medicamentos, terapias, atencións social e interdisciplinar, educación e emprego.