Monforte de Lemos, 4 de maio de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de informar sobre o dispositivo de tráfico que se desenvolverá na cidade do Cabe con motivo da saída desde Monforte da 4ª Etapa de La Vuelta Femenina 2026 o vindeiro mércores 6 de maio.
Por este motivo, o Equipo de Goberno e a Policía Local, en coordinación cos responsables de La Vuelta, “levamos un tempo traballando no deseño dun dispositivo de tráfico que permita o axeitado transcurso do inicio desta proba, que sairá desde a Compañía en torno ás 14.15 horas e percorrerá o centro urbano ata saír da cidade polo Morín”, sinala o Alcalde.
Concretamente, a 4ª Etapa, Monforte de Lemos-Antas de Ulla, partirá desde a Praza da Compañía en torno ás 14.15 horas, e percorrerá o Cardenal, Avenida de Galicia, rúa Chantada ata a rotonda do Hórreo, Ronda María Emilia Casas Baamonde, rúa Doctor Casares e Morín completa, saíndo da cidade pola LU-546 en dirección Bóveda e Sarria.
Trátase dunha etapa esixente de 115 quilómetros que, tras deixar Monforte, pasará por localidades como Sarria, Láncara, O Páramo, Portomarín, Ventas de Narón, Taboada e Monterroso, para finalizar no Parque Central de Galicia, en Antas de Ulla.
Rúas e espazos afectados
ESTACIONAMENTO DO PARQUE DOS CONDES (SAÍDA DA ETAPA)
• Permanecerá pechado ao tráfico desde as 23.00 horas deste luns, 4 de maio, ata a completar a saída da carreira e retirada das instalacións e montaxes empregados na proba, o que se prevé para as 18.00 horas do mércores 6 de maio.
RÚAS DA ZONA DE SAÍDA, DÍA 6
• Desde as 10.30 horas do mércores 6 ata a finalización da saída, sobre as 14.15 horas, estará pechado o tráfico na rúa Compañía, no tramo desde a Praza Ponte Fontecha ata o enlace coa rúa Escultor Francisco Moure.
Durante este corte, os vehículos que circulen por Escultor Francisco Moure en dirección ao centro cidade desviaranse polas rúas Sarria e Avenida de Galicia.
• Desde as 12.00 horar, e ata a finalización da saída, sobre as 14.15 horas, estarán pechadas ao tráfico as rúas Cardenal, Roberto Baamonde e Conde no tramo desde o enlace con Avenida de Galicia ata Praza de Ponte Fontecha.
Durante este corte, permitirase o tráfico no tramo da Avenida de Galicia actualmente excluído da circulación para permitir o tránsito de vehículos que, baixando por Roberto Baamonde, teñan como destino a rúa Chantada e viceversa.
RÚAS AFECTADAS POLO PERCORRIDO DA CARREIRA
• Desde as 13.30 horas ata a finalización da saída, sobre as 14.20 horas, ademais das rúas indicadas no punto anterior, pecharanse ao tráfico as seguintes vías:
-Avenida de Galicia, tramo desde o cruce con rúa Ourense ata cruce con Roberto Baamonde
-Chantada, completa
-Ronda María Emilia Casas Baamonde, completa
-Doctor Casares, tramo desde enlace con rúa Zapardiel ata o final
-Morín, completa.
-A saída de vehículos a estas rúas desde as laterais que teñan enlace coas mesmas:
- Rúa Hortas
- Rúa Ourense
- Rúa Tecelanes
- Rúa Saviñao
- Rúa Roberto Martínez Andrade
- Estacionamentos de Supermercados Gadis Híper e LIDL
- Rúa Taboada
- Rúa Lemavos
- Rúa Poeta Manuel María
- Prolongación Ronda Urbana
- Estrada de Chantada
- Rúa Abeledos e Avenida Luis Moure Mariño
- Rúa Corredoria
- Camiño das Codesas
- Rúa Manuel Antonio e Camiño A Veiga
- Rúa Santa Clara e rúa da Barxa
- Rúa San Pedro e rúa Doctor Casares (tramo desde enlace con Rúa Zapardiel)
- Rúa Pontevedra
- Rúa Caneiro e Estación de Servizo de rúa Coruña
- Rúa Concepción Arenal
- Rúa Ponte da Virxe
- Rúa Vilanova
- Rúa Doctor López Suárez
- Rúa Retorcida
- Rúa Condesa Pardo Bazán
- Rúa Ramón Cabanillas e rúa Juan Ramón Jiménez
- Rúa do Mato
- Travesía do Sil.
Todos os horarios e vías a cortar son sempre os previstos, pero quedan suxeitos a sufrir modificacións o propio día da carreira en función do desenvolvemento do evento e posibles incidencias que podan producirse.
O Alcalde agradece anima aos monfortinos e monfortinas a saír este mércores ás rúas da cidade para animar as corredoras na saída desta 4ª Etapa de La Vuelta: “Temos a oportunidade única de desfrutar do ciclismo desde primeira liña e ver o inicio de etapa dunha proba ciclista de alto rendemento que reúne ás mellores ciclistas do panorama nacional e internacional”, apunta.