Alumnos Obradoiro Dual de Emprego
11/05/2026 Preseleccionados SPEG Carpinteiros
11/05/2026 Preseleccionados SPEG albanel
06/05/2026 Bases 2026
ANUNCIO:
As persoas que figuran NESTES listados foron PRE- seleccionado/a polo SEPG para participar no proceso selectivo de PERSOAS TRABALLADORAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO “ACONDICIONAMENTO INSTALACIÓNS ESCOLA OBRADOIRO A PINGUELA III-RESTAURACIÓN ENTORNO ZONA INCENDIOS FORESTAIS 25”
ESPECIALIDADE: TRABALLOS DE CARPINTARÍA E MOBLE/ APLICACIÓN DE VERNICES E LACAS EN ELEMENTOS DE CARPINTARÍA E MOBLE. (10 ALUMNOS/AS)
Neste acto notifícaselle que está obrigado/a a acudir as instalacións do Multiusos, Rúa Emilia Casas Baamonde, S/N, de Monforte de Lemos, o vindeiro día 20/05/2026 ás 10:00 horas, para realizar o procedemento de acreditación das características persoais do indicado proceso selectivo, que poderá facerse por escrito.
Deberá acudir provisto/a do DNI/ NIE.
Ademais debe aportar a documentación para valoración das súas circunstancias obxectivas (méritos), presentando, ata o 18 de maio do 2026, no Rexistro Municipal en horario de 09,00 ata 14:00 horas ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común a súa solicitude de participación documentación acreditativa dos mesmos como se especifica nas bases.
Non se valoraran os méritos cuxa acreditación non se axuste o disposto para elo en dito anexo I nin os presentados mais alá da data indicada (18/05/2026)
De serlle imposible acudir o lugar e data indicados, por causa suficientemente xustificada, deberá acreditar dita causa no momento de recibir esta notificación ou, en todo caso, con anterioridade ó inicio do exame.
Advírtese ós/as aspirantes que non acudir á realización da proba, sen xustificación, conlevará os prexuízos que poida depararlles, sen responsabilidade algunha ó efecto por parte deste Concello.