O prazo de matrícula no Programa Deportivo de Verán ábrese o luns 8 de xuño

Monforte de Lemos, 5 de xuño de 2026. O Concello de Monforte informa da publicación das listas de persoas admitidas nas actividades que forman parte do Programa deportivo de verán:

  • CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN
  • XX CAMPUS DE FÚTBOL CIDADE DE MONFORTE – R.C. CELTA DE VIGO
  • CURSOS DE TENIS

 

Estas listas inclúen a todas aquelas persoas que presentaron a preinscrición entre o 11 e o 20 de maio e que contan con todos os requisitos establecidos para participar.

O número total de solicitudes foi o seguinte:

•          1ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 88 solicitudes

•          2ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 75 solicitude

•          3ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 65 solicitudes

•          XX Campus de Fútbol Cidade de Monforte: 107 solicitudes

•          Cursos de tenis: 14 solicitudes

 

Todas as persoas admitidas con praza deberán formalizar a súa matrícula entre o 8 e o 19 de xuño. A documentación que hai que presentar é a seguinte:

  • Formulario de matrícula definitivo en función das prazas concedidas.
  • No caso de nenos e nenas con discapacidade igual ou superior ao 33 %:  cuestionario de saúde e autonomía persoal, co fin de planificar os apoios necesarios.

 

Esta documentación poderá presentarse de dous xeitos:

•   Enviando toda a documentación requirida por correo electrónico ao enderezo deporte.veran@concellodemonforte.com

•   Presentando toda a documentación requirida nas Oficinas Municipais de Deportes ou Xuventude sitas nas Casitas da Compañía.

 

PAGO DA MATRÍCULA:

As persoas con praza, unha vez presentada a documentación requirida para a inscrición definitiva, faráselles entrega, ben presencialmente ou a través do correo electrónico indicado pola persoa interesada, da carta de pago correspondente coa súa inscrición. O pago poderano facer en Abanca, presentando a carta de pago, ou a través da pasarela de pagos habilitada na páxina web www.monfortedelemos.es A data límite para realizar o pago será o 19 de xuño.

 

PRAZAS LIBRES:

Todas aquelas persoas que non fixeran a preinscrición e estean interesadas en participar nas actividades do programa deportivo, poderano facer naquelas nas que queden prazas libres.

Neste caso o procedemento de matrícula e o mesmo que para as persoas que fixeron a preinscrición e teñen praza adxudicada.

As prazas libres son as seguintes:

  • 1ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 32 prazas
  • 2ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 45 prazas
  • 3ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 55 prazas
  • Cursos de tenis: 14 prazas

 

CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA MUNICIPAL:

Polo que respecta aos cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal, as persoas interesadas poderán xestionar a súa matrícula na propia piscina.

A oferta de cursos é a seguinte:

•   CURSOS INFANTIL E NENOS: cursos intensivos quicenais de luns a venres

  • 1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo
  • 2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo
  • 3ª quenda: do 1 ao 15 de agosto
  • 4ª quenda: do 16 ao 31 de agosto

 

HORARIO

PRAZAS/QUENDA

DÍAS

NENOS (iniciación e perfeccionamento)

10:45

15

DE LUNS A VENRES

NENOS (iniciación e perfeccionamento)

12:15

15

DE LUNS A VENRES

INFANTIL (iniciación e perfeccionamento)

11:30

15

DE LUNS A VENRES

INFANTIL (iniciación e perfeccionamento)

12:15

15

DE LUNS A VENRES

    

•   CURSOS DE BEBÉS, ADULTOS (+16 anos) E XIMNASIA ACUÁTICA: cursos mensuais dous días á semana

    

 

HORARIO

PRAZAS/QUENDA

DÍAS

BEBÉS

19:15

10

LUNS E MÉRCORES

ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento)

8:00

10

LUNS E MÉRCORES

ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento)

9:15

10

LUNS E MÉRCORES

ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento)

20:30

10

LUNS E MÉRCORES

ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento)

21:15

10

LUNS E MÉRCORES

XIMNASIA ACUÁTICA

10:00

10

LUNS E MÉRCORES

 

•   PRAZO DE INSCRICIÓNS:

-    Cursos quincenais (infantil e nenos):

-1º Quincena de xullo

  • Socios/as: a partir do 22 de xuño
  • Non socios/as: a partir do 25 de xuño

 

-2º Quincena de xullo

  • Socios/as e inscritos/as nos cursos da 1ª quincena: a partir do 10 de xullo
  • Non socios/as: a partir do 13 de xullo

 

-1º Quincena de agosto:

  • Socios/as e inscritos/as nos cursos da 2ª quincena de xullo: a partir do 27 de xullo
  • Non socios/as: a partir do 29 de xullo

 

-2º Quincena de agosto:

  • Socios/as e inscritos/as nos cursos da 1ª quincena: a partir do 10 de agosto
  • Non socios/as: a partir do 12 de agosto

 

-    Cursos mensuais (bebés, adultos/as (+16), ximnasia acuática e aerobike):

-Mes de xullo:

  • Socios/as: a partir do 22 de xuño
  • Non socios/as: a partir do 25 de xuño

 

-Mes de agosto:

  • Socios/as e inscritos/as nos cursos do mes de xullo: a partir do 27 de xullo
  • Non socios/as: a partir do 29 de xullo

 

•   CATEGORÍAS DE IDADE:

  • Bebes: entre 6 meses e 2 anos
  • Infantil: entre 3 e 5 anos
  • Nenos: entre 6 e 15 anos
  • Adultos/as +16: a partir de 16 anos

 

•   PROBA DE NIVEL:

Para os cursos quincenais intensivos de infantil e nenos farase unha proba de nivel os seguintes días:

-    Infantil: os días 15, 16, 19, 22, 23 e 26 de xuño de 20:00 a 20:30 h.

-    Nenos: os días 17, 18, 19, 25 e 26 de xuño de 20:00 a 20:30 h.

 

+ INFORMACIÓN e matrícula na Piscina Climatizada Municipal.

Tfno. 982 202 965 – Email: apinguela@ideasdebolina.com

 

ADXUDICACION_DE_PRAZAS_ACTIVIDADES_PROGRAMA_DEPORTIVO_DE_VERAN_2026.pdf