
Monforte de Lemos, 5 de xuño de 2026. O Concello de Monforte informa da publicación das listas de persoas admitidas nas actividades que forman parte do Programa deportivo de verán:
- CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN
- XX CAMPUS DE FÚTBOL CIDADE DE MONFORTE – R.C. CELTA DE VIGO
- CURSOS DE TENIS
Estas listas inclúen a todas aquelas persoas que presentaron a preinscrición entre o 11 e o 20 de maio e que contan con todos os requisitos establecidos para participar.
O número total de solicitudes foi o seguinte:
• 1ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 88 solicitudes
• 2ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 75 solicitude
• 3ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 65 solicitudes
• XX Campus de Fútbol Cidade de Monforte: 107 solicitudes
• Cursos de tenis: 14 solicitudes
Todas as persoas admitidas con praza deberán formalizar a súa matrícula entre o 8 e o 19 de xuño. A documentación que hai que presentar é a seguinte:
- Formulario de matrícula definitivo en función das prazas concedidas.
- No caso de nenos e nenas con discapacidade igual ou superior ao 33 %: cuestionario de saúde e autonomía persoal, co fin de planificar os apoios necesarios.
Esta documentación poderá presentarse de dous xeitos:
• Enviando toda a documentación requirida por correo electrónico ao enderezo deporte.veran@concellodemonforte.com
• Presentando toda a documentación requirida nas Oficinas Municipais de Deportes ou Xuventude sitas nas Casitas da Compañía.
PAGO DA MATRÍCULA:
As persoas con praza, unha vez presentada a documentación requirida para a inscrición definitiva, faráselles entrega, ben presencialmente ou a través do correo electrónico indicado pola persoa interesada, da carta de pago correspondente coa súa inscrición. O pago poderano facer en Abanca, presentando a carta de pago, ou a través da pasarela de pagos habilitada na páxina web www.monfortedelemos.es A data límite para realizar o pago será o 19 de xuño.
PRAZAS LIBRES:
Todas aquelas persoas que non fixeran a preinscrición e estean interesadas en participar nas actividades do programa deportivo, poderano facer naquelas nas que queden prazas libres.
Neste caso o procedemento de matrícula e o mesmo que para as persoas que fixeron a preinscrición e teñen praza adxudicada.
As prazas libres son as seguintes:
- 1ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 32 prazas
- 2ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 45 prazas
- 3ª quenda Campamento Deportivo de Verán: 55 prazas
- Cursos de tenis: 14 prazas
CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA MUNICIPAL:
Polo que respecta aos cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal, as persoas interesadas poderán xestionar a súa matrícula na propia piscina.
A oferta de cursos é a seguinte:
• CURSOS INFANTIL E NENOS: cursos intensivos quicenais de luns a venres
- 1ª quenda: do 1 ao 15 de xullo
- 2ª quenda: do 16 ao 31 de xullo
- 3ª quenda: do 1 ao 15 de agosto
- 4ª quenda: do 16 ao 31 de agosto
|
|
HORARIO |
PRAZAS/QUENDA |
DÍAS |
|
NENOS (iniciación e perfeccionamento) |
10:45 |
15 |
DE LUNS A VENRES |
|
NENOS (iniciación e perfeccionamento) |
12:15 |
15 |
DE LUNS A VENRES |
|
INFANTIL (iniciación e perfeccionamento) |
11:30 |
15 |
DE LUNS A VENRES |
|
INFANTIL (iniciación e perfeccionamento) |
12:15 |
15 |
DE LUNS A VENRES |
• CURSOS DE BEBÉS, ADULTOS (+16 anos) E XIMNASIA ACUÁTICA: cursos mensuais dous días á semana
|
|
HORARIO |
PRAZAS/QUENDA |
DÍAS |
|
BEBÉS |
19:15 |
10 |
LUNS E MÉRCORES |
|
ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento) |
8:00 |
10 |
LUNS E MÉRCORES |
|
ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento) |
9:15 |
10 |
LUNS E MÉRCORES |
|
ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento) |
20:30 |
10 |
LUNS E MÉRCORES |
|
ADULTOS +16 (iniciación e perfeccionamento) |
21:15 |
10 |
LUNS E MÉRCORES |
|
XIMNASIA ACUÁTICA |
10:00 |
10 |
LUNS E MÉRCORES |
• PRAZO DE INSCRICIÓNS:
- Cursos quincenais (infantil e nenos):
-1º Quincena de xullo
- Socios/as: a partir do 22 de xuño
- Non socios/as: a partir do 25 de xuño
-2º Quincena de xullo
- Socios/as e inscritos/as nos cursos da 1ª quincena: a partir do 10 de xullo
- Non socios/as: a partir do 13 de xullo
-1º Quincena de agosto:
- Socios/as e inscritos/as nos cursos da 2ª quincena de xullo: a partir do 27 de xullo
- Non socios/as: a partir do 29 de xullo
-2º Quincena de agosto:
- Socios/as e inscritos/as nos cursos da 1ª quincena: a partir do 10 de agosto
- Non socios/as: a partir do 12 de agosto
- Cursos mensuais (bebés, adultos/as (+16), ximnasia acuática e aerobike):
-Mes de xullo:
- Socios/as: a partir do 22 de xuño
- Non socios/as: a partir do 25 de xuño
-Mes de agosto:
- Socios/as e inscritos/as nos cursos do mes de xullo: a partir do 27 de xullo
- Non socios/as: a partir do 29 de xullo
• CATEGORÍAS DE IDADE:
- Bebes: entre 6 meses e 2 anos
- Infantil: entre 3 e 5 anos
- Nenos: entre 6 e 15 anos
- Adultos/as +16: a partir de 16 anos
• PROBA DE NIVEL:
Para os cursos quincenais intensivos de infantil e nenos farase unha proba de nivel os seguintes días:
- Infantil: os días 15, 16, 19, 22, 23 e 26 de xuño de 20:00 a 20:30 h.
- Nenos: os días 17, 18, 19, 25 e 26 de xuño de 20:00 a 20:30 h.
+ INFORMACIÓN e matrícula na Piscina Climatizada Municipal.
Tfno. 982 202 965 – Email: apinguela@ideasdebolina.com
ADXUDICACION_DE_PRAZAS_ACTIVIDADES_PROGRAMA_DEPORTIVO_DE_VERAN_2026.pdf