
Monforte de Lemos, 15 de xullo de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa a todos os veciños e veciñas de Monforte da instalación dunha pantalla xigante na Praza de España o próximo domingo, 19 de xullo, a partir das 21.00 horas, para ver a final da Copa Mundial de Fútbol 2026, na que xogará a Selección Española tras eliminar a Francia este martes en semifinais.
Coñecedor da gran cantidade de seguidores da Selección Española, o rexedor quere que Monforte dispoña dun punto de encontro para os afeccionados de fútbol que desexen ver o partido final do Campionato do Mundo, e convida a toda a veciñanza a “achegarse en familia ou con amigos para desfrutar dunha final histórica e celebrar conxuntamente a paixón polo fútbol e os éxitos da Selección Española neste mundial”.
A pantalla, de 6 metros de largos por 3 de alto (18m2), 270”, estará situada na céntrica Praza de España, na parte de arriba das escaleiras, diante do Cruceiro, para que todos os asistentes teñan visibilidade. Será un acto aberto a todas as persoas interesadas, ata completar o afora da propia Praza. Tal e como explica o Alcalde, “a intención é que os afeccionados da Roxa poidan ver en directo e desfrutar deste gran acontecemento e, a poder ser, repetindo a vitoria que xa celebramos cunha pantalla xigante na Final da Eurocopa en xullo de 2024”.
O Alcalde explica que, “este tipo de competicións son das que se desfrutan con familiares e amigos, e a instalación dunha pantalla xigante ofrece esta posibilidade a todos os monfortinos e monfortinas, para que poidamos ver xuntos esta competición deportiva internacional e si a sorte acompaña, desfrutar xuntos tamén do éxito da Selección Española”.
Con este obxectivo, o rexedor anima a toda a veciñanza a achegarse o domingo á Praza de España agardado “que xuntos poidamos desfrutar dunha noite histórica coa nosa Selección, á que lle desexamos toda a sorte que necesite para facernos pasar outra xornada inesquecible”.