Monforte de Lemos, 24 de setembro de 2026. Unha vez finalizado o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais que oferta o Concello de Monforte para o curso 2026 – 2027, vense de publicar o listado de persoas admitidas en cada una das actividades.
A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para persoas adultas (a partir de 16 anos) cun total de 283 prazas ofertadas.
Concluído este proceso, quedan libres 73 prazas, 30 nas modalidades de persoas adultas e 43 nas de nenos e nenas, polo que aquelas persoas ou familias interesadas teñen aínda a oportunidade de formalizar matrícula nalgunha das actividades con prazas.
• Actividades para nenos e nenas:
- Golf
- Pádel
- Kung Fu
- Zumba infantil
• Actividades para persoas adultas:
- Ximnasia de mantemento
- Tai Chi
- Ioga
- Zumba
Todas as persoas admitidas poderán comezar as clases na data e no horario indicado para cada actividade. Así mesmo, no caso de que algunha persoa inscrita decida renunciar á praza concedida terá que presentar, a través do Rexistro Xeral do Concello de Monforte, o documento de renuncia. Para este trámite establécese un prazo desde este xoves 24 de setembro ata o 16 de outubro de 2026. No caso de non renunciar á praza concedida entenderase como aceptada e procederase ao cobro correspondente.
Modalidades con prazas aínda dispoñibles
Por outro lado, se algunha persoa que non fixo a matrícula no prazo establecido está interesada nalgunha actividade, aínda pode inscribirse nalgunha das modalidades con prazas dispoñibles:
PERSOAS ADULTAS
|
MODALIDADE |
PRAZAS LIBRES |
|
XIMNASIA DE MANTEMENTO MARTES E XOVES 10:30 – 11:30 H. |
7 |
|
XIMNASIA DE MANTEMENTO LUNS E MÉRCORES 17:00 – 18:00 H. |
6 |
|
XIMNASIA DE MANTEMENTO MARTES E XOVES 17:00 – 18:00 H. |
3 |
|
TAI CHI MARTES (19:45 H.) – VENRES (20:00 H.) |
5 |
|
IOGA LUNES E MÉRCORES 16:15 – 17:15 H. |
5 |
|
ZUMBA ADULTOS |
4 |
NENOS E NENAS
|
MODALIDADE |
PRAZAS LIBRES |
|
PÁDEL |
10 |
|
GOLF |
4 |
|
KUNG FU |
10 |
|
ZUMBA INFANTIL |
19 |
A matrícula nas prazas dispoñibles farase directamente na Oficina Municipal de Deportes.
Máis información: 982 875 430 e deportes@concellodemonforte.com
Actividades na piscina climatizada municipal curso 2026 – 2027
No que se refire aos cursos de natación que se ofrecen na Piscina Climatizada Municipal, a día de hoxe están matriculadas un total de 194 persoas nalgunha das 264 prazas ofertadas.
Todas aquelas persoas interesadas en inscribirse nalgunha das prazas que quedan dispoñibles pódeno facer directamente a través da Piscina Municipal.
Máis información: 982 202 965 e apinguela@ideasdebolina.com
8 meses lectivos e un custe de 92,70€ por persoa e actividade
A actividade de cada unha das modalidades deportivas dará comezo no mes de outubro de 2026 e prolongarase ata finais do mes de maio de 2027, completando así un total de 8 meses lectivos.
O custe por modalidade e participante é de 92,70€ por todo o curso, cunha bonificación do 50% para aquelas persoas que pertenzan a familia numerosa.
Requisitos e documentación para a matrícula
Requisitos para participar nas Escolas Deportivas Municipais:
- Para participar en escolas de nenos e nenas, ter entre 6 e 15 anos de idade.
- Para participar en escolas de persoas adultas, ter 16 anos ou máis.
- Estar empadroado ou empadroada no Concello de Monforte
- Aceptar e cumprir as condicións establecidas para a actividade.
- Non ter impedimentos para a práctica deportiva e asumir os riscos da mesma.
A documentación a presentar é a seguinte:
- Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
- Fotocopia do DNI do solicitante
- No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
- Certificado de titularidade de conta bancaria, no caso de que o modelo de solicitude non estea asinado pola entidade bancaria no espazo correspondente.
ACTIVIDADES NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL CURSO 2026 – 2027
Na piscina climatizada municipal tamén se van a ofertar un número importante de cursos e actividades. En total 264 prazas repartidas en 26 grupos. Os cursos organízanse en tres trimestres e darán comezo a principios de outubro:
|
CURSO |
INICIO CURSO |
FIN CURSO |
DIAS |
|
INFANTIL I |
17:00 |
17:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
INFANTIL II |
17:45 |
18:30 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NEN@S I |
17:45 |
18:30 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NEN@S 0 |
18:30 |
19:15 |
LUNS / MÉRCORES |
|
INFANTIL 0 |
18:30 |
19:15 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NEN@S II |
19:15 |
20:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NEN@S O |
17:00 |
17:45 |
MARTES / XOVES |
|
NEN@ I |
17:00 |
17:45 |
MARTES / XOVES |
|
INFANTIL I |
17:45 |
18:30 |
MARTES / XOVES |
|
NEN@S I |
17:45 |
18:30 |
MARTES / XOVES |
|
INFANTIL 0 |
18:30 |
19:15 |
MARTES / XOVES |
|
INFANTIL I |
18:30 |
19:15 |
MARTES / XOVES |
|
NEN@S II |
19:15 |
20:00 |
MARTES / XOVES |
|
BEBES I |
17:00 |
17:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
BEBES I |
19:15 |
20:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
BEBES 0 |
19:15 |
20:00 |
MARTES / XOVES |
|
ADULT@S INICIACIÓN |
8:00 |
8:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULT@S PERFECCIONAMENTO |
9:15 |
10:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULT@S INICIACIÓN |
20:30 |
21:15 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULT@S PERFECCIONAMENTO |
21:15 |
22:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULT@S PERFECCIONAMENTO |
8:00 |
8:45 |
MARTES / XOVES |
|
ADULT@S INICIACIÓN |
9:15 |
10:00 |
MARTES / XOVES |
|
ADULT@S PERFECCIONAMENTO |
20:30 |
21:15 |
MARTES / XOVES |
|
ADULT@S INICIACIÓN |
21:15 |
22:00 |
MARTES / XOVES |
|
XIMNASIA ACUATICA |
10:00 |
10:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
XIMNASIA ACUATICA |
10:00 |
10:45 |
MARTES / XOVES |
• Bebés: ata os 3 anos
- Bebés 0: ata os 18 meses
- Bebés I: ata os 36 meses
• Infantil: de 3 a 6 anos
- Infantil 0: nivel 0 do test
- Infantil I: nivel I do test
- Infantil II: nivel II do test
• Nenos/as: de 6 a 13 anos
- Nenos/as 0: nivel 0 do test
- Nenos/as I: nivel I do test
- Nenos/as II: nivel II do test
• Adultos/as: a partir de 13 anos
- Adultos iniciación
- Adultos perfeccionamento
Cada un dos cursos ten unha carga horaria de 2 clases á semana de 45’ cada unha.
LISTADO DE PERSOAS ADMITIDAS NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS CURSO 2026-2027
FORMULARIO INSCRICIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS 26-27
SOLICITUDE BONIFICACIÓN FAMILIA NUMEROSA ESCOLAS DEPORTIVAS 2026-2027
CALENDARIO LECTIVO ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2026-2027
CURSOS PISCINA MUNICIPAL 2026-2027
DÍPTICO ESCOLAS DEPORTIVAS 2026-2027
INSTRUCIÓNS PARA INSCRICIÓN E DESENVOLVEMENTO ESCOLAS DEPORTIVAS 2026-2027
MODELO RENUNCIA ESCOLAS DEPORTIVAS 2026-2027