O Concello concede preto de 15.000€ en axudas a 15 entidades culturais, lúdicas e formativas para actividades desenvolvidas en 2026

Monforte de Lemos, 30 de setembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da concesión de preto de 15.000€ en axudas a entidades culturais, lúdicas, recreativas ou formativas sen ánimo de lucro no municipio de Monforte para a realización de actividades durante o actual exercicio 2026.

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns, 28 de setembro, na súa sesión ordinaria, a resolución da convocatoria anual de axudas dirixida ás asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas inscritas no rexistro municipal de asociacións co obxectivo de apoiar e incentivar as actividades que desenvolven ao cabo do ano, tal e como recollen as bases, a finalidade desta convocatoria.

A intención destas axudas, indica o Alcalde, José Tomé, “é fomentar que as asociacións culturais e lúdicas poidan desenvolver actividades de interese e potenciar deste xeito as iniciativas que poidan xurdir dende os distintos ámbitos da sociedade que teñan como fin difundir, promover, conservar e impulsar manifestacións culturais de todo tipo”.

A contía máxima por subvención é de 1.000 euros, non podendo superar o 70% nin do importe subvencionable. Así mesmo, estas axudas teñen carácter único e non acumulativo, e non poderán superar o custo da actividade a desenvolver polo beneficiario.

 

Relación de beneficiarios e tipo de actividade subvencionada:

 

NUM

ASOCIACIÓNS INSCRITAS NO REXISTRO

MEMORIA-TIPO ACTIVIDADE

SUBV CONCEDIDA

1

ASOCIACIÓN CULTURAL LODEIRO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

1.000,00

2

ASOCIACION CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA

ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO

1.000,00

3

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA PARROQUIA DE RIBASALTAS

VIAXE CULTURAL CANTABRIA

1.000,00

4

ASOCIACION CULTURAL DE GULLADE

OBRADOIRO DE PANDEIRETA, CANTO E PERCUSION

1.000,00

5

AFA DO CEIP PLURILINGÜE A GÁNDARA

ACTIVIDADE ANUAL DA AFA A GANDARA

1.000,00

6

A.C. OS XOGRARES DE LEMOS

II FESTIVAL DE VERÁN 2026 XOGRARES DE LEMOS

1.000,00

7

A. C. MUSICAS DE MONFORTE

OBRADOIRO DE CESTERIA

756,84

8

CLUB FLUVIAL DE MONFORTE DE LEMOS

PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES CULTURAIS, LUDICAS E RECREATIVAS

1.000,00

9

ANPA A LAGOA CEIP PLURILINGüE DE MONFORTE

ACTIVIDADE ANUAL DA ANPA A LAGOA

1.000,00

10

A. C. SAN MARTÍN DE PIÑEIRA

CLASES DE BOLILLOS

1.000,00

11

AGRUPACION FOLCLORICA LEMAVOS

ENSAIOS, INVESTIGACION ETNOGRAFICA E ACTUACIONS

1.000,00

12

ASOCIACION DE VECIÑOS DE PIÑEIRA

XIMNASIA DE MANTENIMIENTO PERSOAS ADULTAS

1.000,00

13

A. DE PALILLEIRAS DA RIBEIRA SACRA

XUNTANZAS PALILLEIRAS

1.000,00

14

ASOCIACIÓN BATTUERE

ACTUACIONS MUSICAIS

476,70

15

A. C. AMIGOS DA PANDEIRETA

VIAXE CULTURAL A PORTUGAL

1.000,00

     

14.233,54