Monforte de Lemos, 30 de setembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da concesión de preto de 15.000€ en axudas a entidades culturais, lúdicas, recreativas ou formativas sen ánimo de lucro no municipio de Monforte para a realización de actividades durante o actual exercicio 2026.
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns, 28 de setembro, na súa sesión ordinaria, a resolución da convocatoria anual de axudas dirixida ás asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas inscritas no rexistro municipal de asociacións co obxectivo de apoiar e incentivar as actividades que desenvolven ao cabo do ano, tal e como recollen as bases, a finalidade desta convocatoria.
A intención destas axudas, indica o Alcalde, José Tomé, “é fomentar que as asociacións culturais e lúdicas poidan desenvolver actividades de interese e potenciar deste xeito as iniciativas que poidan xurdir dende os distintos ámbitos da sociedade que teñan como fin difundir, promover, conservar e impulsar manifestacións culturais de todo tipo”.
A contía máxima por subvención é de 1.000 euros, non podendo superar o 70% nin do importe subvencionable. Así mesmo, estas axudas teñen carácter único e non acumulativo, e non poderán superar o custo da actividade a desenvolver polo beneficiario.
Relación de beneficiarios e tipo de actividade subvencionada:
|
NUM |
ASOCIACIÓNS INSCRITAS NO REXISTRO |
MEMORIA-TIPO ACTIVIDADE |
SUBV CONCEDIDA |
|
1 |
ASOCIACIÓN CULTURAL LODEIRO |
XORNADA DE PORTAS ABERTAS |
1.000,00 |
|
2 |
ASOCIACION CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA |
ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO |
1.000,00 |
|
3 |
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA PARROQUIA DE RIBASALTAS |
VIAXE CULTURAL CANTABRIA |
1.000,00 |
|
4 |
ASOCIACION CULTURAL DE GULLADE |
OBRADOIRO DE PANDEIRETA, CANTO E PERCUSION |
1.000,00 |
|
5 |
AFA DO CEIP PLURILINGÜE A GÁNDARA |
ACTIVIDADE ANUAL DA AFA A GANDARA |
1.000,00 |
|
6 |
A.C. OS XOGRARES DE LEMOS |
II FESTIVAL DE VERÁN 2026 XOGRARES DE LEMOS |
1.000,00 |
|
7 |
A. C. MUSICAS DE MONFORTE |
OBRADOIRO DE CESTERIA |
756,84 |
|
8 |
CLUB FLUVIAL DE MONFORTE DE LEMOS |
PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES CULTURAIS, LUDICAS E RECREATIVAS |
1.000,00 |
|
9 |
ANPA A LAGOA CEIP PLURILINGüE DE MONFORTE |
ACTIVIDADE ANUAL DA ANPA A LAGOA |
1.000,00 |
|
10 |
A. C. SAN MARTÍN DE PIÑEIRA |
CLASES DE BOLILLOS |
1.000,00 |
|
11 |
AGRUPACION FOLCLORICA LEMAVOS |
ENSAIOS, INVESTIGACION ETNOGRAFICA E ACTUACIONS |
1.000,00 |
|
12 |
ASOCIACION DE VECIÑOS DE PIÑEIRA |
XIMNASIA DE MANTENIMIENTO PERSOAS ADULTAS |
1.000,00 |
|
13 |
A. DE PALILLEIRAS DA RIBEIRA SACRA |
XUNTANZAS PALILLEIRAS |
1.000,00 |
|
14 |
ASOCIACIÓN BATTUERE |
ACTUACIONS MUSICAIS |
476,70 |
|
15 |
A. C. AMIGOS DA PANDEIRETA |
VIAXE CULTURAL A PORTUGAL |
1.000,00 |
|
14.233,54 |