A redacción do Plan Especial inicia a súa tramitación

O equipo redactor do “Plan Especial de Protección do Casco Histórico” remitiu ó Concello de Monforte o “Documento de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxico do Plan Especial de Protección do Casco Histórico”.

 

O Concello xa deu traslado deste documento á Secretaría Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, organismo que no prazo de dous meses deberá comunicarlle ó Concello as cuestións relacionadas coa sustentabilidade ambiental do proxecto.

 

A Secretaría Xeral de Calidade Ambiental redactará un documento de referencia que deberá ser incluído ou tido en conta na redacción do Plan Especial.

 

Trátase do primeiro trámite administrativo que ten que pasar a redacción do “Plan Especial de Protección do Casco Histórico”.

 

Lembramos que a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo concedera ó Concello unha subvención de 377.338,50 euros para a redacción do Plan Especial. Esta cantidade supón o 90 % do custo da redacción do citado Plan, estimado en 419.625 euros, polo que a institución municipal deberá aportar o 10 % restante.

 

A subvención concedida pola Secretaría Xeral farase efectiva en catro anualidades:

 

2010: 75.467,70 € (20 %)

 

2011: 113.201,55 € (30 %)

 

2012: 113.201,55 € (30 %)

 

2013: 75.467,70 € (20 %) 

 

O Plan Especial é un documento básico para a cidade e o seu desenvolvemento urbanístico, un Plan que permitirá ordenar o casco histórico e delimitar os usos e actividades que o mesmo poderá albergar. 

Archivos Adjuntos: