O Concello edita un Boletín de Emprego con carácter semanal

O concello de Monforte, a través do Servizo de Información e Orientación Laboral,  edita semanalmente un Boletín de Emprego no que se recollen as ofertas de traballo existentes na comarca, no resto da provincia de Lugo e na veciña provincia de Ourense. Neste Boletín tamén teñen cabida as ofertas laborais que se publican nos diferentes xornais.

 

O Boletín de Emprego pode consultarse na páxina web www.monfortedelemos.es, no apartado de emprego da sección áreas municipais. Ademais deste boletín, tamén pode consultarse unha Guía Básica para a Busca de Emprego na Rede, na que aparecen as diferentes ferramentas para a procura de traballo en internet e as páxinas web que máis ofertas presentan.

 

Outra das medidas postas en marcha pola concellería de Emprego foi a organización dunha serie de talleres gratuítos orientados a mellorar a preparación das persoas desempregadas para lograr un posto de traballo.

 

Estes talleres están dirixidos á cidadanía en xeral, prestando especial atención ós colectivos máis desfavorecidos na incorporación ó mundo laboral, caso dos inmigrantes e das mulleres, sendo o seu obxectivo preparar ás persoas que buscan emprego para afrontar entrevistas de traballo, elaborar currículos, etc…

 

Os dous primeiros talleres gratuítos relizáronse os días 17 e 24 de outubro e versaron respectivamente sobre “Currículo eficaz e carta de presentación” e “Que quero conseguir e como o consigo”. Aínda que se inscribiron un total de nove persoas en cada un deles a asistencia ós mesmos foi sensiblemente menor.

 

Os próximos talleres levaranse a cabo os días 14 e 28 de novembro e os dous estarán centrados nas entrevistas de traballo. O día 14 será a quenda para as “Habilidades comunicativas na entrevista”, e o día 28 o taller ocuparase de “Como afrontar unha entrevista de traballo”. Para participar nestes dous talleres xa se inscribiron 13 persoas  en cada un deles, pero aínd quedan prazas libres.

 

Os talleres desenvólvense en horario de 17:30 a 20:00 horas e as persoas que queiran participar nos mesmos deben inscribirse previamente no despacho onde presta os seus servizos a Orientadora Laboral, instalado nas Casiñas da Compañía, ou ben a través do teléfono 982-88-46-89 ou do correo electrónico orientación@concellodemonforte.com

 

Esta inciativa da concellería de Emprego monfortina lévase a cabo co patrocinio do Fondo Social Europeo da UE e da Xunta de Galicia.