O Alcalde alégrase de que a Confederación Hidrográfica cumpra coa súa obriga

O alcalde, Severino Rodríguez, mostra a súa satisfacción por qué a Confederación Hidrográfica Miño Sil cumpra coa súa obriga de realizar a limpeza do río Cabe e dos regatos de Monforte.

 

O rexedor manifesta que este tipo de actuacións non terían por qué ser solicitadas polo Concello e deberían realizarse de oficio por parte da CHMS, xa que forman parte do cometido do organismo de cunca.

 

Severino Rodríguez dirixiuse en tres ocasións ó presidente da CHMS solicitándolle a execución destas limpezas (setembro 2012 e marzo e maio de 2013), non obtendo resposta por parte do Sr. Marín. Ó alcalde tamén lle consta que a asociación de veciños de Rio Seco fixo o propio e, diante da ausencia de acción da CHMS, foron os propios cidadáns os que realizaron labores de limpeza no regato do seu barrio.

 

O rexedor monfortino lamenta qué, unha vez máis, a voceira do PP en Monforte, a Sra. Julia Rodríguez, se ampare na mentira e non teña reparos en afirmar que o Concello nunca solicitou a limpeza dos regatos. 

 

En documentos adxuntos figuran as tres cartas dirixidas polo alcalde ó presidente da CHMS.

Archivos Adjuntos: