O Xulgado desestima nun 92% a demanda de ESCOR contra o Concello

A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, informa que o Xulgado do Contencioso Administrativo número un  de Lugo desestimou na súa maior parte o recurso contencioso administrativo número 110/2010 interposto pola empresa ESCOR, que fora concesionaria do servizo público de limpeza viaria urbana e recollida de lixo en Monforte.

 

A empresa reclamaba ó Concello o pago de 516.562,53 euros, demanda que o Xulgado só estimou parcialmente na cantidade de 39.598 euros, e dicir, un 7,7 % das pretensións da anterior concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria.

 

ESCOR pretendía o recoñecemento e pago por parte do Concello de Monforte das seguintes cantidades: 71.332,86 euros en concepto de intereses de demora no pagamento de facturas emitidas entre os anos 2002 e 2008; 50.747,15 euros en concepto dos gastos bancarios soportados indebidamente; 165.553,23 euros e 228.929,29 euros en concepto de compensación polo desequilibrio económico-financeiro da concesión durante o ano 2008 e de revisión do canon concesional correspondente ó ano 2009, respectivamente.

 

A entidade Estevez Container Orensanos S.L. (ESCOR) presentara a demanda o14-1-2011. Con data 8-2-2011  déuselle traslado da demanda ó Concello, comunicando este que se opuña á pretensión da empresa. Por auto de fecha 5-5-2011, quedou fixada a contía do recurso en 516.562,53 euros.

 

En primeiro lugar e segundo dicta a sentenza, a Intervención Municipal do Concello de Monforte  admitiu que houbo retraso no pago das facturas entre os anos 2002 e 2008, motivo polo que estima parcialmente esta pretensión de ESCOR na contía de 39.598 euros, fronte ós 71.332,86 que reclamaba.

 

En segundo lugar, o Xulgado considera que non cabe apreciar a pretensión indemnizatoria pola cantidade de 50.747,15 euros en concepto de gastos bancarios devengados como consecuencia da demora no pago das facturas, concluíndo que só procede reclamar os intereses de demora.

 

Por último, a entidade mercantil recorrente reclamou, inicialmente, a cantidade de 394.482,52 euros en concepto de restablecmento do equilibrio económico-financeiro do contrato de concesión do servizo público de limpeza viaria e recollida de lixo correspondente ó exercicio de 2008 (165.553,23 euros) e 2009 (228.729,29 euros).

 

O Xulgado tamén conclúe que non pode ser estimada a pretensión da empresa demandante en base ó razoamento da firma dun novo Convenio Colectivo, xa que non é un feito extraordinario e imprevisible de modo tal que o incremento dos custos xerados por dito Convenio, sen máis, poda constituír un risco imprevisible que mereza unha compensación como a pretendida.

 

O Xuíz estima parcialmenteo recurso contencioso-administrativo interposto pola entidade Estevez Container Orensanos S.L., no único sentido de declarar o dereito da empresa recorrente a percibir a cantidade de 39.598 euros en concepto de intereses de demora no pago das facturas entre os anos 2002 e 2008, desestimando o resto das pretensións e sen facer expresa condena en costas.

 

Esta sentenza  non é firme por caber contra ela recurso de apelación ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dentro dos quince días seguintes ó da súa notificación.

Archivos Adjuntos: