A Praza de Abastos acolle un mercado de Nadal o 22 e 23 de decembro

 

14 de decembro de 2018. Coa chegada do Nadal a Praza de Abastos de Monforte prepárase para acoller un amplo abano de actividades.

 

A fin de semana do 22 e 23 de decembro haberá o mercado Nadal máxico; para fomentar que as compras desta época do ano se realicen nas tendas da cidade.

 

O público atopará pezas artesanais de diferentes disciplinas, artigos de decoración de Nadal, así coomo xoguetes e agasallos para diferentes idades.

 

O mercado abrirá as dúas xornadas de 10 a 14 horas e polas tardes, de 17 a 20:30 horas.

 

Por outra parte, a programación inclúe espectáculos para tódolos públicos, dende xogos de maxia, ata unha pequena recreación da película Polar Express.

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PRAZA DE ABASTOS

 

Espectáculo de maxia a cargo do Mago Carlos, o sábado 22 de decembro, ás 18 horas.

 

Obradoiro de creación de postal pop up, con técnicas de ilustración artesanal.

Os nenos poderán elaborar as súas propias postais en 3D. Será o domingo, 23 de decembro, de 17:30 a 20:30 horas. A ilustradora Laura Cortés, que realizou traballos para Anaya e a Real Academia Galega, entre outros, será a encargada de impartir este obradoiro.

 

O Polar express chega a Monforte a fin de semana do 22 e 23 de decembro. Ámbolos dous días estará estacionado ó carón da Praza de Abastos e os nenos poderán depositar nel as súas cartas para Santa Claus.

O domingo, 23 de decembro, de 12 a 14 horas, o público poderá asistir a unha recreación da película Polar Express.

 

Festa infantil de Noitevella o venres, 28 de decembro, de 11 a 13 horas.

 

Contacontos co Apalpador o sábado, 29 de decembro, ás 12 horas. Ademais, fará un percorrido polas rúas da cidade.

 

Campionato de scalextric, a derradeira fin de semana do ano, días 29 e 30 de decembro.

O sábado será de 11 a 14 horas durante a mañá, e pola tarde de 15:30 a 21 horas. Mentres que na xornada de domingo o horario será de 11 a 13 horas.

Para a competición é necesario inscribirse previamente na propia Praza de Abastos.

Instalaranse varias pistas de diferentes tamaños.